quarta-feira, maio 31, 2006

Galiza no debate do Estado

Galiza, coma sempre, foi un tema marxinal no debate parlamentar do Estado. Só o representante do BNG, Francisco Rodríguez, nas cortes españolas puxo o ponto sobre o i sobre as cuestións cruciais que afectan ao noso país. Crítica e colaboración. Recollerá Zapatero a luva?

sexta-feira, maio 12, 2006

Sobran as palabras

Evo Morales

Fonte: www.evomorales.net
¿Revolucionario moderno ou líder populista?
Nestes días a prensa afín ao imperio está a facer unha campaña de acoso e derribo do líder indixenista Evo Morales pola súa orde de nacionalización dos recursos naturais do país, medida lóxica se, como é a súa intención, pretende diminuír a bolsa de inmensa pobreza que sofre o país. A renegociación dos contratos semella a medida máis lóxica. Agora a seguinte pregunta é ¿canto tempo aturará o grande irmán americano as políticas de esquerda que se están a producir ao sur do Río Grande? Permitirá que máis países viren á esquerda e perda influencia nun continente que tiña dominado?