Unha boa semana
Esta semana pasada ocorreron dous feitos importantes: Sir Francis, finalmente, marchou. Deixa unha bagaxe de 22 anos de obras faraónicas e prexuízos lingüísticos. Tanta paz consiga como guerra nos meteu. A outra parte foi que volvín traballar a Henkel. Unha baixa dunha rapaza permitiume gañar uns eurazos. Agora toca volver á crúa realidade. Iso si, unha xornada maratoniana do luns de 12 horas de curro a pesar camións. O mellor, os cartos.
1 Comments:
Moitas felicidades (polo soldo, por suposto)
Pepe
www.engalego.esp.st
Enviar um comentário
<< Home