Sábado, Maio 10, 2008

Un día feliz

Foto: Xerais



Hoxe, 10 de abril, foi presentado no Museo Marco de Vigo a tradución que realizamos Manuel Bragado e eu do libro de Xosé María Álvarez Blázquez A cidade e os días. Teño que recoñecer que a tarefa da tradución nos requiriu un grande traballo, xa que nos enfrontabamos a unha obra que recolle, a modo de almanaque, a historia de Vigo durante os 365 días do ano. Dende o ano 60 despois de Cristo até 1936 o autor fai unha descrición dos feitos máis importantes que sucederon na cidade olívica.
O acto foi dunha grande carga simbólica. As palabras vertidas polo propio Manuel Bragado, o fillo do autor, Alfonso Álvarez Cáccamo, Lino Vázquez Gil, amigo e compañeiro de Xosé María Álvarez Blázquez, Ceferino de Blas, como Director Xeral de Faro de Vigo, xornal onde o autor publicou cada día durante o ano 1959 unha columna xornalística co fito máis importante da historia de Vigo, e do alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxeron de relevo a importancia e a necesidade da obra.
Foi, como vos dixen, un día inesquecible. Mereceu a pena o esforzo realizado.

Etiquetas:

Sábado, Abril 26, 2008

25 de Abril

Vía a web do meu amigo engalego 3.0, coñezo este vídeo dun programa da TVG do ano pasado que conmemoraba a figura do Zeca Afonso. Galegos e portugueses a unha soa voz. Quizais a non moito tardar, os tempos son chegados.

Sábado, Abril 12, 2008

Acadei os 10.000

O enigma albixoi está de parabéns. Dez mil visitas desde o seu comezo. Moitos post e outros moitos comentarios. Grazas a todos os que por aquí pasaron. Agardo que a lectura dalgún post axudase a reflexionar ou a gozar un pouco máis da vida.

Etiquetas:

Domingo, Abril 06, 2008

Momentos de transición

A historia do ser humano componse de momentos de transición. Momentos que o fan estar arriba, momentos que o levan inexorabelmente cara a abaixo. Un continuo tic-tac que modifica cada vida. Nun momento estamos ledos, ao seguinte tristes. É a ironía da vida humana. O non saber que nos vai deparar o futuro.  Felicidade e tristura, nun contrapunto perfecto. Simplemente a vida.

Etiquetas:

Sábado, Março 22, 2008

Google sky

Vía microsiervos, coñezo esta nova aplicación de Google que nos permite aprofundar máis no coñecemento do Universo. 

Etiquetas: , ,

Domingo, Março 09, 2008

Elección 9 marzo 2008




Vía Brétemas coñezo esta aplicación web. A ver que deparan as eleccións para o nacionalismo galego.

Etiquetas: , ,

Quinta-feira, Fevereiro 28, 2008

Quintana, Touriño, Feijoo



Foi o primeiro debate entre os tres máximos representantes da política galega. Foi tamén o primeiro esforzo de poñer a Galiza no debate das próximas eleccións ao parlamento español do 9 de marzo. Tres posturas, tres visións, pero quizais, só dúas maneiras de entender Galiza: unha orgullosa que se quere desenvolver por ela mesma, outra que se ve dependente de Madrid. Para min, Quintana por moito que trataron de agochar os medios de comunicación foi o verdadeiro gañador do envite. Agora somos nós os que temos que nos expresar o 9 de marzo e confiar nas nosas posibilidades.

Etiquetas: , ,

Quarta-feira, Fevereiro 20, 2008

Marcha o Comandante

E Fidel dixo «até aquí». Hoxe, 19 de febreiro de 2008, por medio do diario Granma, Fidel renunciou á xefatura do Estado e a Presidencia do estado caribeño. Marcha un referente das loitas revolucionarias do século XX. Marcha, quizais, un dos últimos que creron que outro modelo social era posible. O futuro, como a súa célebre frase «A HISTORIA ABSOLVERAME», ditará sentenza.

Etiquetas: , , ,

Quarta-feira, Fevereiro 06, 2008

Trixésimo terceiro aniversario

Baixo este tan pomposo título agóchase unha realidade. Hoxe fago 33 anos. Toda unha vida que diría o outro. Agardo que todos os que ledes este pequeno espazo do ciberespazo poidades compartir comigo moitos aniversarios máis.

Etiquetas:

Quinta-feira, Janeiro 10, 2008

Cincuenta e un millóns de motivos para pensar o noso voto

As eleccións do 9 de marzo van representar un momento definitivo sobre o que Galiza vai facer co seu futuro. Albíscanse dúas opcións: continúar votando aos partidos de carácter estatal, que prometen, prometen, prometen, pero que o AVE continúa sen chegar, ou decidírmonos dunha vez por mirar cara a nós mesmos e apoiarmos decididamente a un partido que, aínda que moitos criticaron, conseguiu un fito histórico: Cobrar do Estado 51 millóns de euros da débeda histórica en materia social. Chámaronos «pedigüeños», pero amosaron que unha forza que so se debe a Galiza conseguiu o que «outros» en 30 anos de democracia non fixeron. O noso voto decidirá o noso futuro. Xa é hora de apostarmos polo noso. A historia débenolo.

Etiquetas: , ,

Terça-feira, Janeiro 01, 2008

Feliz 2008

A todos os homes de ben, feliz 2008.

Terça-feira, Novembro 13, 2007

NUNCA MÁIS, NUNCA MÁIS


Hoxe conmemoramos (se esta data se pode celebrar) o 5 aniversario da desgraza do Prestige. Daquel desastre algunhas cousas mudaron para mellor: produciuse un cambio no goberno galego, o pobo galego tomou conciencia da súa existencia e revelouse contra o polifemo de chapapote, e fixeron parecer a Galiza no escenario mundial. Desde aquela, este recuncho do planeta xa era coñecido. Unha marea de indignación e de rebeldía (Nunca Máis) asolagou o planeta Terra. Pero non todo foi positivo. Meses despois, os que produciran este desastre volveron ser votados nas eleccións. Nas lexislativas do país galego quedaron a un só escano de revalidar a maioría. O tempo, que en moitas causas axuda a sandar a feridas, produciu un efecto narcótico nalgunha poboación. Foi como se o Prestige nunca tivera sucedido. Como se os que o produciran actuaran da mellor forma posible. Esta narcolepsia foi hoxe moi constatable nos medios de comunicación estatais. Nin un telexornal fixo referencia a esta data. Galiza unha vez máis voltaba ser un protagonista de segunda fila. Iso si, como sempre, até o próximo Prestige.

Etiquetas: ,

Quinta-feira, Novembro 01, 2007

O PP e a COPE menten

O que di Jiménez Losantos non ten desperdicio. MENTEN, MENTEN, MENTEN!

Etiquetas: ,

Quarta-feira, Outubro 31, 2007

Cando deixará o PP a teoría da conspiración?

Despois das declaracións de Mariano Rajoy sobre o 11 M, temos que pensar se imos permitir que este partido de ultras (léase PP) é merecente de gobernar España. Eu, sinceramente, creo que NON. Menten, menten e volven mentir co único obxectivo de gañar o poder. NON MÁIS MENTIRAS!

Etiquetas: , , ,

Segunda-feira, Outubro 22, 2007

A Juan Antonio Cebrián, IN MEMORIAM

O pasado sábado, día 20 de outubro, deixounos. Un traizoeiro infarto privounos do que, para min, era o mellor xornalista da radio. Recoñézome fiel seguidor do seu programa, LA ROSA DE LOS VIENTOS. Desde o sábado, temos un motivo menos para sermos felices.

Etiquetas: , ,

Terça-feira, Outubro 09, 2007

40 anos sen o Che

Hoxe celébrase o 40 aniversario do asasinato do Che. Un heroe que o tempo non desvanece. Como mostra déixovos un dos seus discursos e da vixencia que aínda teñen. ATÉ A VITORIA SEMPRE!


Tamén un interesante blog.

Etiquetas: ,

Sexta-feira, Outubro 05, 2007

25 anos do BNG

Temos que escoitar a explicación do profesor Beiras. Toda unha lección maxistral.

Terça-feira, Setembro 25, 2007

Aconteceu hai un ano

Era un 25 de setembro coma hoxe. Todo semellaba normal, mesmo amencera mellor ca hoxe. Non chovía. Pero foi algo distinto. A miña avoa pasaba a súas derradeiras horas neste mundo. Primeiro un coma e despois simplemente o seu corazón deixou de latexar. Noventa e catro anos de existencia desaparecían e con ela moita da miña historia. Por iso, avoa, IN MEMORIAM: NUNCA TE ESQUECEREI.

Etiquetas: ,

Terça-feira, Agosto 28, 2007

Antonio Puerta, in memoriam

Hoxe á tarde faleceu, despois dunha parada cardiorrespiratoria no partido Sevilla-Xetafe, Antonio Puerta. Era un profesional do fútbol e nos próximos días ía ser pai. Lonxe do histrionismo dos cracks mediáticos, este xogador representaba o fútbol en estado puro.

Etiquetas: ,

Quinta-feira, Agosto 23, 2007

Temos que quitarlle a condición de galego a Rajoy?


Despois das declaracións de Mariano Rajoy sobre a importancia de os nenos coñeceren o himno galego e o idioma propio, pido que lle sexa retirada a condición de galego a Mariano Rajoy. Unha vergoña para todos os galegos de ben.

Etiquetas: ,

Segunda-feira, Agosto 20, 2007

Somos os galegos un pobo esquizoide?

Levo matinando moito tempo sobre esta cuestión. O meu traballo de repartidor confíreme moi abondosamente tempo para reflexionar sobre este tipo de cousas. Inquírome sobre se a existencia de dous idiomas no noso país, alén de poder ser considerado como unha riqueza, non fai que divida a nosa sociedade e faga que medre nela un sentimento de esquizofrenia colectiva que nos leva a denigrar o que é noso. Con este tipo de comportamentos teño que lidiar todos os días. Teño que recoñecer que a empresa na que traballo o afecto cara a lingua que nos é propia non é demasiado boa. Teoría que eu supoña xa ultrapasadas aínda andan na mente dos meus compañeiros. Teño que recoñecer que, quizais a miña formación académica me faga ver a realidade doutra maneira. Pensamentos e condutas que a calquera filólogo lle semellarían aberrantes están aínda moi presentes. Estamos no 2007, pero semella que non pasamos aínda do 39. Moito teremos que mellorar se queremos deixarlle algo a todos os que nos han de seguir. Sermos un pobo diferenciado depende diso.

Etiquetas: ,

Domingo, Julho 22, 2007

Rebentou a igrexa de Albixoi


Semella incríbel, pero foi así. O lanzamento dunha bomba para conmemorar a festa da parroquia provocou que as outras bombas que estaban na sancristía fixesen explosión. O tellado, tanto da sancristía como dunha parte da igrexa foi destruído. Os cristais e a porta de entrada tamén romperon. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais. Unha sorte.

Etiquetas: ,

Quarta-feira, Julho 11, 2007

O galego de Estremadura

Vía Vieiros, coñecín este vídeo que amosa o galego conservado en tres lugares de Estremadura. Merece a pena velo.

Etiquetas: ,

Quarta-feira, Julho 04, 2007

Debate do Estado 2007

Un ano máis, Galiza pasou sen máis pena nin gloria polo debate do Estado. Unicamente o representante do BNG, Francisco Rodríguez, deixou constancia da nosa presenza. Un ano máis fíxose claro que Galiza precisa máis que nunca un grupo parlamentar propio para que as nosas demandas sexan escoitadas. Non podemos perder máis tempo. Nas próximas eleccións temos que conseguir un grupo propio. O noso futuro depende diso.
Se non puidestes ver a intervención do noso representante, déixovos aquí a súa intervención.

Etiquetas: , , ,

Quarta-feira, Junho 13, 2007

O espazo desde o espazo

Se fordes uns apaixonados do espazo, déixovos aquí un enlace coa páxina da Nasa para que vexades as evolucións do ISS. Só hai que entrar en Launch NASA TV Viewer e o espazo será noso.

Etiquetas:

Sábado, Junho 09, 2007

Normalización lingüística

Estes días estou a observar que vivimos nun país de esquizoides. En ningún lugar do mundo, en ningún, un pobo loita contra unha lei que por primeira vez no que levamos de historia intenta recuperar o emprego do seu idioma. Pero como diría o eslogan franquista adaptado «Galicia is different». Unha panda de, non sei moi ben como definilos, lanzou unha páxina para «defender» o que eles cren que é unha vulneración dos seus dereitos lingüísticos. Argumentan, todos cheos de razón, que o galego está a asoballar o castelán en Galiza. Que este goberno, e o que eles din, os nacionalistas radicais, queren extinguilo. Non saben, ou son moi tontos, que a historia demostra totalmente o contrario. A persecución desde que este territorio se definiu por ter unha lingua propia foi a da súa extinción. A asimilación a unha lingua que, se ben hoxe forma parte do noso país, non temos que esquecer que foi imposta pola forza. Aquí non houbo unha elección dos falantes. Primeiro a política de Doma e castración levada a cabo polos Reis Católicos e logo a política franquista quixo borrar do mapa o noso idioma e converternos nunha anexión de Castela. Porque, sexamos claros, eliminar un idioma é eliminar unha forma de pensamento distinto, que no fondo, é do que se trata todo isto.

Etiquetas:

Sexta-feira, Junho 01, 2007

Democracia en estado puro

O pasado domingo fun escollido para realizar o labor de presidente dunha mesa electoral no lugar onde resido. Neste día puiden observar de preto todo o que supón unha xornada electoral. Voto, voto, voto. O destino dunha cidade nas mans do pobo. Cada voto contaba. Losada, Tello, Negreira, cal sería o vencedor? Os resultados parciais da miña mesa daban unha vitoria parcial ao actual alcalde interino Losada. 207 cidadáns coruñeses obtaran por esta opción. En segundo lugar, Carlos Negreira (do PP) obtivo 147 votos e de terceira opción resultou Quique Tello con 108 votos. A miña zona ditara sentenza e non entregara a maioría absoluta a ningún dos tres candidatos. Agora era a hora de que os tres se puxesen de acordo sobre o futuro municipal. Ou hai pacto ou a cidade veríase nunha espiral de ingobernabilidade. Un pacto PSOE-BNG reeditando o da Xunta semella o máis lóxico. Pero, desde a cidade eterna (Roma) ofrecía xa a súa postura: Losada ten que pactar co PP. Unha vez máis a Coruña pode ser a cidade do antigaleguismo. Os próximos días ditarán sentenza.

Etiquetas: , ,

Sábado, Maio 05, 2007

Aznar e o alcol



Preséntovos aquí a última tolería deste «Grande EX-GOBERNANTE». Agora so temos que pensar en que mans estivemos gobernados!
NUNCA MAIS.

Etiquetas: ,

Segunda-feira, Abril 23, 2007

Morreu Ieltsin


Hoxe morreu o home que fixo desaparecer a UNIÓN SOVIÉTICA. Hoxe finou o azoute do comunismo. Hoxe morreu un político que converteu unha superpotencia nun país do terceiro mundo. Hoxe morreu un adicto ao vodka. Hoxe morreu Boris Ieltsin. Tanta paz leve como calamidades deixou.

Etiquetas: , ,

Sábado, Abril 21, 2007

Memoria histórica II

Nestes días vimos de observar como, de xeito machacón, os dirixentes do PP non cansaron de argumentar que á cidadanía non lle importaba a memoria histórica. Penso, e creo que non estou equivocado, que esta teimosía ben puidese ser porque investigar sobre o acontecido no período da Guerra Civil (1936-1939) e os posteriores 40 anos de ditadura franquista non os deixaría en moi bo lugar. Ante isto semella máis que necesario que o actual goberno faga un esforzo aínda maior por tentar recuperar a memoria dun tempo que «algúns» queren soterran para sempre.
As vítimas merecen unha exoneración dos seus falsos delitos.

Etiquetas: , ,

Terça-feira, Março 13, 2007

Un novo blog


Hoxe, martes e 13, acaba de nacer un novo blog. Unha estimada amiga dá os seus primeiros pasos no mundo da blogosfera. Dende aquí anímovos a que participedes das súas inquietudes, pensamentos, situacións. Unha nova blogueira vén arrequecer a realidade virtual galega. Mimémola.

Etiquetas:

Domingo, Fevereiro 18, 2007

Google Earth



Impresionante.

Etiquetas:

Sábado, Fevereiro 10, 2007

Xa son condutor de primeira


Onte e despois de un lote de prácticas e un suspenso conseguín, por fin, aprobar o carné de conducir D. Agora só me falta un camión.

Etiquetas: , , ,

Quinta-feira, Janeiro 18, 2007

Quilómetros, quilómetros

Esta semana veño de me converter nun animal da estrada. De acabalo da miña Peugeot Expert percorro unha rota que vai desde Lañas (Concello de Arteixo) até o polígono de Bergondo (no concello de idéntico nome) . Taller tras taller vou deixando os pedidos. Unhas bombillas para un coche, un alternador, unha batería, etc. Así é un día. Entre taller e taller, mentres que un vai atento á condución, e naqueles pequenos momentos que a circulación permite un pequeno descanso, admiro a paixase. Estas viaxes son tamén bos momentos para as reflexións: a vida laboral, a vida social, a política, o Estatuto. Todo é posible nun traxecto. Unha experiencia que, polo menos unha vez na vida, todos teriamos que probar.

Etiquetas:

Domingo, Janeiro 14, 2007

Unha nova etapa

O ano 2007 veu cargado dunha nova sorpresa: Un traballo. Non é o que poderiamos chamar do máis «glamouroso» do mundo, pero a primeira oportunidade real de ir saíndo adiante na vida. A empresa en cuestión chámase SEAMO e ten como finalidade a venda de produtos eléctricos do automóbil. Por automóbil enténdese todo vehículo a motor, dende turismo a camións, pasando por motos e autocares. Polo momento estou de condutor dunha furgoneta no reparto. Estas dúas últimas semanas paseinas coñecendo cada un dos talleres aos que cada día terei que, sen a menor tardanza, levar as pezas que soliciten. Mañá, é o meu primeiro día de reparto so, un experiencia que vos irei relatando nos días sucesivos.

Etiquetas: ,

Quarta-feira, Dezembro 20, 2006

Memoria histórica

Nestes días, con todo o balbordo arredor da Memoria Histórica, creo que a canción de Amaral, En el río, dá unha boa idea do que algúns pretenden: A DESMEMORIA.
Déixovos un enlace para que a escoitedes. Impagábel.

Etiquetas: , ,

Quarta-feira, Dezembro 13, 2006

Fraga ou o retorno da vella garda

Simplemente, a dereita democrática que temos. Fraga, volvendo aos seus comezos.

Etiquetas:

Quarta-feira, Novembro 22, 2006

A NACIÓN GALEGA

Nestes días, vimos de asistir estupefactos ás declaracións verquidas polo dirixente do PP en Madrid, Mariano Rajoy, polas que se nega a recoñecer o carácter nacional de Galiza. Lanza, pois, un órdago ao que a sociedade galega, se se considerar madura, non pode máis que responder cun «Galiza nación» ás bravuconadas do dirixente popular. O noso futuro depende diso. Agardemos que, por unha vez,  saibamos estar á altura do que o país precisa de nós e non lle deamos as costas ao noso futuro.

Etiquetas: , , ,

Unha nova rota

Estes días veño de comezar unha nova rota na miña vida. Desde o pasado luns, estou matriculado nunha autoescola para a obtención do permiso de conducir da clase C. Si, o que estades a pensar, o carné de camión. Tamén teño pensado quitar o D e máis o E, xa que nos tempos que corren, vai ser necesaria a apertura de varias frontes para conseguir un traballo. A ver que depara o futuro.

Etiquetas: ,

Terça-feira, Novembro 14, 2006

Catro anos da ignominia

Catro anos do desastre. Catro anos do Prestige. Catro anos de grande resposta. Catro anos de triunfo da verdade. Pero, non esquezamos, NUNCA MÁIS. 

Etiquetas:

Terça-feira, Outubro 24, 2006

O bolígrafo de Aznar

 

Non quero deixar pasar a oportunidade de amosar a «magnífica» persoa que é o ex-Presidente do Estado español, José María Aznar. Como diría Jesulín: «Im-prezionante».

A Polémica do «L»

Unha vez máis, e non son poucas, a cidade da Coruña vese envolta na «ditosa» polémica da denominación da urbe. Sobre deste particular, teño que dicir, dunha vez por todas, que o que teñen que facer as autoridades competentes é aplicar a normativa vixente e que non é nin máis nin menos que a lei de normalización lingüística. Nela, como é ben sabido de todos, explecitízase moi ben que a única denominación posible das poboacións de Galiza é o seu nome en galego. Calquera outra posiblidade como ben indica Brétemas é un lote de fume para desviar a atención.

Quarta-feira, Outubro 11, 2006

A vida continúa

Teño que recoñecer que estes días estiven con moi poucas ganas de escribir. O pasamento da miña avoa, a única que me quedaba, provocou en min unha sensación de abatemento. Desde aquí, quero agradecer a todos aqueles que me ofreceron o seu pésame e tamén a todos aqueles que o sentiron, pero que non se atreveron ou non quixeron escribir nada. Grazas a todos vós, serdes quen fordes. Nestas semanas de intensa actualidade política, teremos que reflexionar sobre o último debate do estado da Nación e o detonamento dunha arma nuclear pola República Popular de Corea. Prevese un inverno con fortes sensacións.

Quinta-feira, Setembro 28, 2006

IN MEMORIAM

Quero adicar este post á miña avoa, falecida o día 25 deste mes. AVOA, NUNCA TE ESQUECEREI!

Quarta-feira, Setembro 20, 2006

Causalidades

O día de onte foi toda unha experiencia na miña vida. Ben cedo, puxen rumbo cara a cidade olívica para un encontro con Brétemas. Amabelmente ofreceuse a me titorizar o meu traballo de fin de máster, o enésimo máster que realizo na procura dun traballo, e despois de me axudar a solucionar as distintas dúbidas que tiña ao respecto, ofreceume unha proposta coa que nunca soñaría: levar de compañeiro de viaxe cara a cidade herculina a...., a quen vos imaxinades? Certamente a resposta non é doada. Neste caso foi a Manolo Rivas. Como poderedes entender, a miña sorpresa foi maiúscula. E a miña emoción igual. A viaxe teño que dicir que foi simplemente marabillosa. Falamos do divino e do humano e o mellor foi a constatación de que me atopaba diante dun home que realmente era iso: un home común. Cos seus soños, as súas necesidades, a súa historia. Realmente o día de onte pasará a ser un dos mellores días da miña vida.

Sexta-feira, Setembro 15, 2006

Beiras4

Quarta-feira, Setembro 13, 2006

Beiras3

Beiras2

Beiras1


Figura importantísima no noso País, calquera cousa que diga é merecente de ser tida en conta.

Sábado, Setembro 02, 2006

A miña desaparición

Teño que confesar que a miña desaparición do mundo blogueiro ten, como non ha ser doutra maneira, unha explicación ben sinxela. A empresa La Toja tivo a ben, por medio de Adecco, chamarme 16 días para que traballase na súa fábrica, sita no concello de Culleredo, por unha substitución de vacacións de persoal. O traballo, teño que dicilo, é totalmente rutinario: ou facer palets ou botar tubos de plástico para que unha máquina os encha de crema de dentes ou nunha cinta a botar botes que se enchen de gomina. Un traballo completamente en cadea, iso si, a remuneración é o mellor. O día 10 saberémolo.
Non quero deixar pasar a oportunidade para, unha vez máis, falar do Agosto horribilis que padecemos. Lume, onte mesmo o incendio dunha planta química en Caldas de Reis que vén de producir unha contaminación no río Umia, e que vén incrementar aínda máis o nefasto verán que pasamos. Agora a pregunta necesaria é, cando deixaremos de sermos referentes en traxedias?

Quinta-feira, Agosto 24, 2006

Unha música moi significativa para estas traxedias

Quarta-feira, Agosto 23, 2006

Mes horribilis

O mes de agosto do 2006 vai pasar como o mes horribilis de Galiza. O 5% do territorio queimado e aínda por riba 3 mortos nun accidente ferroviario do tren «de escasa velocidade» que une A Coruña/ Vigo con Euscadi. Semella que os galegos estamos condeados a sermos famosos polas catástrofes que sufrimos. É hora de reverter esta tendencia.

Sexta-feira, Agosto 11, 2006

Quen son?



Queremos saber quen son? Que pretenden? Queremos... acabar dunha vez con eles!
NUNCA MÁIS A UN INCENDIO

Quarta-feira, Agosto 09, 2006

Arde Galiza 2



Unha nova proba de que o desastre é xigantesco. Cárcere aos pirómanos!