sábado, junho 09, 2007

Normalización lingüística

Estes días estou a observar que vivimos nun país de esquizoides. En ningún lugar do mundo, en ningún, un pobo loita contra unha lei que por primeira vez no que levamos de historia intenta recuperar o emprego do seu idioma. Pero como diría o eslogan franquista adaptado «Galicia is different». Unha panda de, non sei moi ben como definilos, lanzou unha páxina para «defender» o que eles cren que é unha vulneración dos seus dereitos lingüísticos. Argumentan, todos cheos de razón, que o galego está a asoballar o castelán en Galiza. Que este goberno, e o que eles din, os nacionalistas radicais, queren extinguilo. Non saben, ou son moi tontos, que a historia demostra totalmente o contrario. A persecución desde que este territorio se definiu por ter unha lingua propia foi a da súa extinción. A asimilación a unha lingua que, se ben hoxe forma parte do noso país, non temos que esquecer que foi imposta pola forza. Aquí non houbo unha elección dos falantes. Primeiro a política de Doma e castración levada a cabo polos Reis Católicos e logo a política franquista quixo borrar do mapa o noso idioma e converternos nunha anexión de Castela. Porque, sexamos claros, eliminar un idioma é eliminar unha forma de pensamento distinto, que no fondo, é do que se trata todo isto.

Etiquetas:

3 Comments:

At 6:10 da tarde, Anonymous Anónimo said...

lol,so nice

 
At 7:13 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Although from different places, but this perception is consistent, which is relatively rare point!

 
At 4:32 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Some of the content is very worthy of my drawing, I like your information!
Special Net

 

Enviar um comentário

<< Home