OS MEUS ENLACES
Este post é unha pequena homenaxe a aquelas páxinas que habitualmente visito e coas que aprendín bastante.
En primeiro lugar quero deixar constancia da miña maior afición que é a historia e dentro dela a Idade Media. Quero render unha GRANDÍSIMA PREITESÍA a un amigo que me iniciou neste mundo, Hoomer e que me abriu os ollos a outras realidades.
Tamén teño subliñar a páxina dunha amiga e colega masterián, Eva que foi a que me animou a facer un blog persoal. Moi interesantes as nosas conversas, moitas veces un pouco tolas sobre os Mosteiros armenios, jejeje.
Outra páxina que tamén me gustou foi Las indias onde aprendín todo sobre o movemento ciberpunk.
Hoxe 30-08-2004 teño que unir aos meus enlaces un novo blogueiro, Marcos que se sumou a este mundo.
E aínda que non as coñezo teño que recomendar o blog dunhas mulleres ás que me unen varias cousas. Fanse chamar JESSICA FLETCHER . Espero que disfrutedes del.
Debo tamén citar un novo blogueiro que apareceu por este blog, o seu nome Albertemoman. Recoméndovos que lle fagades unha visita. Vale a pena.
E un estremadamente raro. Non permite poñer comentarios e os seus post son deliciosos. Faise chamar Coyoacan. Espero que vos guste.
Unha pérola: SÓ ATOPA AQUEL QUE SABE BUSCAR.
1 Comments:
Non foi nada. Cando souber de algo interesante xa volo irei mandando. Para algo máis non dubidedes en poñervos en contacto comigo.
Enviar um comentário
<< Home