quarta-feira, abril 19, 2006

Un mundo tolo

Estes días asistimos estupefactos a varios acontementos mundiais. Por un lado, a crise nuclear de Irán que semella que nos vai sumir a todos nunha próxima guerra global. Por outro, o petróleo a marcar máximos históricos: 74 dólares o barril. Cunha crise dos combustibles en cernes, unha época de caos está próxima. Cales serán as posibles solucións para estes problemas? Guerra preventiva «como o iluminado de George Bush pretende» e que provocaría que o prezo do cru se establecese posibelmente nos 100 dólares? Rearme global e nova guerra fría? A esquerda mundial ten un novo reto. De lle dar solución depende en grande medida a supervivencia do planeta. Só espero que outro erro como o de Irak non se produza.

1 Comments:

At 12:29 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Beizóns por volver a escribir no post.
Moi acertados os teus comentarios, só lles vexo un problema: a esquerda mundial leva anos con falta de líderes serios e de esquerdas, non neoliberalistas disfrazados de progresistas, leva anos falta, sobre todo dunha filosofía e dun proxecto co que identificarse logo da caida do bloque soviético e da conversión de China ao capitalismo.
preparémonos para outra guerra en Oriente.
Ah! con respecto ao prezo dos carburantes teño entendido que o gasóleo pode ser substituido por aceite de xirasol. Nuns meses iremos pola A6 cheikrando a churros de feira e a choquiños fritidos.
Un saúdo
Pepe Blanco
www.engalego.esp.st

 

Enviar um comentário

<< Home