terça-feira, agosto 08, 2006

Arde Galiza


Fonte: www.lavozdegalicia.es

Estes días estase a librar en Galiza unha loita desigual entre os que queren que todo arda e os que consideran que este delito ecolóxico non traerá máis que prexuízos. Lume contra duchas. Arde a nosa terra e con ela o noso futuro.
Diversas son as teorías que se están a escoitar estes días: especulación urbanística, persoas con problemas psiquiátricos, descoidos. Fose o que que for este ano será lembrado como o ano do lume. Un mal comezo para o primeiro goberno que comezaba a poñer o país no seu ponto de mira. Miles de millóns queimados. Tres mortos. Demasiada bagaxe para que fiquemos impasibles. Estas accións merecen un castigo. Pero antes que nada, son necesarios máis recursos e unha maior formación cidadá para que no futuro só teñamos que ver estas accións como algo do pasado. Agardo, espero e desexo que o ano que ben só teñamos que lembrar como un mal soño este verán. Será signo de que algo aprendemos.

1 Comments:

At 9:07 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Very cool design! Useful information. Go on! » » »

 

Enviar um comentário

<< Home