quarta-feira, agosto 18, 2004

Curiosidades do mundo

Que o mundo se comporta de xeito circular é un feito totalmente incontestábel. O ser humano ufánase unha e outra vez en caer nos mesmos erros. A nosa cacholería lévanos a cometer as accións máis incribeis. O peor de todo é que volvemos sempre ao punto de orixe, pero máis feridos e coa sensación de non termos aprendido nada da situación.
SIC GLORIA TRANSIT MUNDI.