Outra semana
Pasou outra semana. Xa queda menos para que algúns pasemos a engrosar un pouco máis as xa de por si infinitas listas do paro. Antes que poñerme melancólico, quero dar os meus parabéns a todos aqueles masteriáns que conseguiron unha ampliación do seu contrato, ben, sendo máis específico, aos que foron quen de lograr que lles fixesen un contrato. Dende esta atalaia quero darlles a miña máis grande noraboa. Ao resto o INEM agárdanos.
Despois desta pequena laudatio quero tamén dárvolas grazas a todos. Estou realmente contento de ter coincidido con todos vós. Aprendín de todos e cada un e creo, penso, que iso me fixo un pouco mellor. Se nalgún momento fun borde espero que souberades perdoar o meu carácter.
Só un desexo para o futuro: QUE OS FADOS NOS SEXAN PROPICIOS A TODOS NÓS E NOS DEPAREN TODO AQUILO QUE ANHELAMOS.
10 Comments:
¿Sabes unha cousa, chaval? Non nos coñecemos de nada, pero cáesme ben. Creo que es boa xente. Polos datos que das, polo que opinas, e por algún que outro detalle, creo que temos uns cantos aspectos en común. -E non vaias tomar isto como unha proposición de matrimonio-.
Deséxoche sorte e que abandones canto antes esa lista do INEM da que falas.
Moitas grazas. Espero que no teu próximo post teñas a ben dar a coñecer o teu nome ou cando menos un nick. Gustaríame que me comentases cales son eses temas que tanto nos unen. Agardando a túa resposta. Bicos mil.
Alguien dijo una vez que los domingos eran días tristes. No se equivocaba del todo. Yo digo que lo son también los sábados. Sobre todo los sábados en los que se llega al trabajo con ganas, a hacer lo que a uno le gusta, porque los antecedentes así lo decían, y al sentarse en la mesa se encuentra que será para uno todo el trabajo busura, el que nadie quiere. Quizás si estuviera el jefe, que sí propone cosas interesantes... Pero un viaje al Egeo lo va a apartar de aquí una semana. Pero eso no es todo, porque las cosas se acrecientan si se está en un entorno hostil, en el que no hay confianza con nadie, con los colegas de descanso, y uno aquí... rascando la barriga. Encima lejos de casa, con la novia a muchos kilómetros y sin posibilidad de verla en mucho tiempo. Qué le vamos a hacer, será el pejae a pagar por intentar conseguir un puesto digno.
Salud y República!
Pablo,
Creo que vou delegar na miña emabixadora na República da Coruña a misión de aportar os datos que me pides.
Un saúdo
Onde pon esa cousa rara, debería poñer EMBAIXADORA
Sempre meto o dedo onde non é. e, moitas veces, tamén a pata.
Ah! Só unha cousa que a embaixadora non sabe: desde logo non coincidimos no gusto por "O triángulo inscrito..." ¡É que non me gusta nin o título! O resto, delégoo nela.
Saúdos
Querido anónimo: Sigo agardando que me facilites un nome ou un nick co que poder establecer un diálogo.
Estaba absolutamente disposto a delegar toda esta misión na EMBAIXATRIZ, pero véxome obrigado a intervir, para un par de matices.
1. EMBAIXATRIZ, estou seguro de que vas saber facer un adecuado uso dos secretos de Estado, para que os intereses da nosa República non se vexan afectaods, ¿non?
2. PABLO, pides un nick. Ben; a miña embaixatriz pode dicirche como me chamaban por certos lugares pola miña afección a compoñer tibias e peronés. (Unha famosa familia.)É que non son capaz de aturar que traten mal ás miñas amizades.
Un saúdo
Non te preocupes respetarei a túa decisión de seguir non anonimato, se ben pedíache un nick para que as mensaxes que che puidese enviar quedasen perfectamente caracterizas e soubeses a quen ían dirixidas. Sen máis seguirei o teu consello e porei nas mans da túa embaixatriz as preguntas que deba formularlle.
Antes que nada moitas grazas por colaborares neste blog.
Até o próximo comentario.
Excellent, love it! news articles neurontin 2004 bodybuilding lima Free hockey manager pool Hair loss bulletin board Replacement parts ge dishwashers Oxalate and depakote nude female body builders com Camera digital home security video 5c 22personalized stationery 5c 22 body building overtraining Eyewear frames brand katsu
Very nice site! »
Enviar um comentário
<< Home