sábado, junho 25, 2005

Falta un día

Hoxe é sábado. Acabo de rematar unha páxina de Betanzos e a súa comarca, o xornal no que estou traballando, e decateime de que só faltaban unhas horas para que se coñecese o resultado do reconto dos votos da emigración. Foi unha semana de tensión na que, tanto uns coma os outros, viviron con incerteza o futuro. Galiza cambiará o partido no poder e será posible por primeira vez un goberno de esquerdas? Ou o voto emigrante dará continuidade a 16 anos de Fraga? Eu tampouco son alleo a este nerviosismo. Os meus comentarios en Vieiros cada día intentaban ofrecer a miña opinión ao resto dos internautas. Uns foron ben recibidos, outros non tanto. Pero o que sen dúbida ningunha se podía ver, era o estado de nerviosismo de todos os participantes. Houbo críticas para todos. Non quedou unha cabeza sen cortar. Foi unha semana terrible. Mañá a estas horas estaremos moi próximos de coñecer o resultado. Espero que os votos da emigración non axuden a cambiar o que o pobo soberano de Galiza xa dictaminou: «QUEREMOS UN GOBERNO DE PROGRESO» «ACABOU A ERA FRAGA» «NECESITAMOS VARIAR O RUMBO E ACREDITAR NAS POSIBILIDADES DO PAÍS». Todos estes pensamentos circulan pola rede e polos máis de 100.000 galegos que votaron polo cambio. Galiza merece unha oportunidade. É hora de que poidamos poñela en práctica. O noso futuro depende diso.

5 Comments:

At 3:42 da tarde, Blogger hojasdehierba said...

Por aquí tamén estamos nerviosos. Vou a facer uns largos á piscina, a ver se chego tan cansa que non sexa capaz de pensar en naaaada.
Saúdos (cos dedos cruzados)
Hai Cada!

 
At 7:34 da tarde, Blogger Peke said...

Sairemos de dúbidas dentro de nada. Mañá é o día, así que... ánimo que falta pouco para saber.

 
At 11:32 da tarde, Blogger albixoi said...

Realmente mañá si que é o día. Puff, haberá un cambio no goberno? Continuará Fraga?

 
At 10:21 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Pois sí Fraga xubilado. A ver se deixa de pegarse panzadas en restaurantes de luxo co súa amante uruguaya.
GALIZA CEIBE, PODER POPULAR

 
At 10:24 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Veña Pabliño que xa che puxo Bragado na lista. Iso é promoción e o demais son hostias

 

Enviar um comentário

<< Home