O meu segundo fillo
A estas horas está na imprenta da Voz de Galicia o meu segundo xornal de Betanzos e a súa comarca. Teño que dicir que foi un parto longo. Levoume 15 días ininterrompidos. A información chegaba á miña oficina a contagotas. Non tiña suficientes fotos e as que encargaba nalgúns casos non mas facían e tiña que facelas. Trinta e dúas páxinas, ben realmente algunha menos, xa que ao sermos un xornal gratuíto o noso financiamento é pola publicidade. Foi duro. Moitas horas de oficina maquetando o xornal. Moitas horas agardando a que chegasen noticia. Moitas horas revisando o correo. Moitas horas.
Onte rematamos ás 23:30 horas. Hoxe enviamos os eps á Voz. Teño que agardar ata as 18:00 para ver se todo está correcto. Espero que así sexa. Agora tormarei uns días de descanso. O xornal de agosto será moi duro. Corenta páxinas. Un reto.
4 Comments:
Parece unha boa escola de xornalismo. Sorpréndeme a escaseza de noticias nunha bisbarra, vós saberedelo mellor, que debe de estar máis viva do que reflecten os medios de comunicación.
Leremos o novo número con atención.
Boa Feira franca medieval.
Pois como estás recuperándote do parto supoño que non te pasarás polo Máster hoxe á tarde.
Non te preocupes que che estamos recollendo todo o material.
Ánimo e boa feira medieval.
Pepe
Parabéns. Eses esforzos sempre pagan a pena.
Wonderful and informative web site. I used information from that site its great. » » »
Enviar um comentário
<< Home