quinta-feira, abril 20, 2006

Un grato achado

Hoxe, sen premeditación, introdución no novo oráculo de Delfos o nome do meu blog. Mentres agardaba que saíse o link para este blog, atopei que era un dos escollidos para falar das bitácoras feitas en galego. Incríbel. Un desde a súa modestia non agarda que esta fiestra sexa lida por moitos máis que familiares e coñecidos. Déixovos uns enlaces para que poidades procurar aqueles que vos interesen.
http://dmoz.org/World/Galego/Informática/Internet/Weblogs/
http://www.blog-site.org/dir/World/Galego/Inform%C3%A1tica/Internet/Weblogs/index.cgi
E especialmente interesante este:
http://calidonia.blogspot.com/ que fai unha análise exaustiva de todos os blogs que en Galiza existen. Moi recomendábel.