A miña desaparición
Teño que confesar que a miña desaparición do mundo blogueiro ten, como non ha ser doutra maneira, unha explicación ben sinxela. A empresa La Toja tivo a ben, por medio de Adecco, chamarme 16 días para que traballase na súa fábrica, sita no concello de Culleredo, por unha substitución de vacacións de persoal. O traballo, teño que dicilo, é totalmente rutinario: ou facer palets ou botar tubos de plástico para que unha máquina os encha de crema de dentes ou nunha cinta a botar botes que se enchen de gomina. Un traballo completamente en cadea, iso si, a remuneración é o mellor. O día 10 saberémolo.
Non quero deixar pasar a oportunidade para, unha vez máis, falar do Agosto horribilis que padecemos. Lume, onte mesmo o incendio dunha planta química en Caldas de Reis que vén de producir unha contaminación no río Umia, e que vén incrementar aínda máis o nefasto verán que pasamos. Agora a pregunta necesaria é, cando deixaremos de sermos referentes en traxedias?

2 Comments:
Boas, moi bo o blog. Un saúdo
www.OCarapucho.tk
pois acá seguimos... tamén nós, pode que todos, facemos un traballo parecido ainda que ás veces non se vexa así.
Enviar um comentário
<< Home