A NACIÓN GALEGA
Nestes días, vimos de asistir estupefactos ás declaracións verquidas polo dirixente do PP en Madrid, Mariano Rajoy, polas que se nega a recoñecer o carácter nacional de Galiza. Lanza, pois, un órdago ao que a sociedade galega, se se considerar madura, non pode máis que responder cun «Galiza nación» ás bravuconadas do dirixente popular. O noso futuro depende diso. Agardemos que, por unha vez, saibamos estar á altura do que o país precisa de nós e non lle deamos as costas ao noso futuro.
Etiquetas: declaracións, Galiza, Nación, Rajoy
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home