Xeira de contrastes
Este sábado foi un día de contrastes. Morte e creación reunidos nun día do almanaque. A morte facía aparición cando me desprazaba a un acto literario nos Cantóns de Méndez Núñez á altura de Alcampo. Unha anciá xacía morta no duro e negro asfalto por unha colisión cun coche desfeito. Mal agoiro. Negro fasto. Lembro que impactado cavilei no condutor, que eu tamén era, nas sensacións que estaría a sentir nese momento. Segara unha vida. Ben, quizais o infortunio levase a aquela pobre anciá a atravesar unha estrada moi transitada nun momento inoportuno. Fose de quen for a culpa, o resultado era o mesmo. Unha vida deixara de existir.
Con este panorama no horizonte, teño que admitir que o acto literario xa deixara de ter importancia, despraceime á Coruña. Eis que aquí o Universo tiña, se é posíbel reparar unha morte, un pequeno gran de fermosura. O acto de presentación foi fermoso. Sobre todo o final no que o autor acompañado do músico Pulpiño Viascón recitou uns pequenos poemas que mesmo encheron por uns momentos de bágoas os ollos do escritor. Lembroume unha vez máis o carácter tan humano deste home. Tivera a sorte de compartir con el unha viaxe desde Vigo á Coruña no meu coche despois de saírmos da Editorial Xerais. Teño que recoñecer que ese último poema que o emocionou a min tamén me tocou.
Mais o día tamén tiña unha nova sorpresa. Unha vella amiga da facultade reaparecía, aínda que fose a xeito de crítica literaria na miña vida.
Actualización (3-08-2008): Estaba trabucado no accidente. A morte da anciá foi pola colisión do vehículo no que ía contra un autobús urbano.
Etiquetas: anciá, Manolo Rivas, morte
4 Comments:
Eu tamén me atopei hai anos cun suceso semellante. De camiño a escola, só lembro algo negro que caía e o bruido do impacto, seco, pesado, poerento ¿como se pode describir un son?...e logo a memoria, sempre imaxinativa e mentireira creo que engadiu un regueiro de sangue e unha triste historia dunha nai coa súa pequena no médico (a vella guindouse do derradeiro piso do ambulatorio de Ourense) tras coñener que padedía unha grave enfermidade.
anda... pois também tive o prazer de partilhar aulas com ana. beijos
i think the archive you wirte is very good, but i think it will be better if you can say more..hehe,love your blog,,,
You these things, I have read twice, for me, this is a relatively rare phenomenon!
Personalized Signature:常州麻将,常州三打一,常州攻主,常州斗地主,常州4人升级
Enviar um comentário
<< Home