quarta-feira, janeiro 14, 2009

Sobre volframio e fósforo





Só lles quería lembrar ás autoridades israelitas que estes dous elementos, volframio e fósforo, son empregados na actualidade para facer, no primeiro caso, filamentos de lámpada e, no segundo, para a cabeza dos mistos. Isto é, para alumear a humanidade. Todo emprego espurio destes elementos (compoñentes de bombas para realizar masacres) está prohibido.
Actualización (15-1-09): Os mortos elévanse a máis de 1.000, dos que máis de 300 son nenos. Confírmase o emprego de fósforo branco, totalmente prohibido pola Convención de Xenebra.

Etiquetas: , , ,

1 Comments:

At 4:22 da tarde, Blogger vintxuca said...

son cífras espeluznantes! canta razón tes... como se pode chegar a estes extremos??? Unha aperta.

 

Enviar um comentário

<< Home