Feijoo quere impulsar o bipartidismo
Asisto estupefacto no programa Hai Debate da galega á entrevista –claramente pactada– que lle realizan a Alberto Núñez Feijoo. Alén de que o tema da lingua non foi para nada tocado, Alberto Nuñez Feijoo lanza a idea de que é necesario un debate a dous: isto é, un debate entre el –segundo as súas palabras o partido que vai gañar as eleccións– e Touriño –o único que pode Gobernar–. Esquécese o sr. Feijoo que Touriño pode ser Presidente só se o grupo parlamentar do BNG chega a un acordo programático co PSOE. E este argumento creo que é suficientemente de peso como para desbotar o debate a dous. É máis, o sr. Feijoo fixo, segundo o meu parecer, uns vaticinios que ben puidesen mudar de aquí a marzo. Ben fose posíbel que se producise o famoso sorpasso tantas veces intentado polo PC sobre o PSOE.
Creo que a formulación de Feijoo pretende converter Galiza nun país bipartito, perdendo dese xeito a riqueza parlamentar que neste momento gozamos.
5 Comments:
eso porque non o viches en "el gato al agua" (que eu non podo nin ver pero facendo zapping sempre me quedo abraiada e sen poder trocar de canal, da sarta de barbaries que alí se din)pois ben, eso si que foi lamentable, penso que o moi parvo pensou que non se emitía en Galiza porque se non, xa dirás como se lle ocorreu darlle a razón a unha señora de Ourense que dicía que ía mandar o seu fillo ó colexio a Ponferrada, porque en Ourense non entendía o galego e o probe neno sufría moitísimo.
A feijoo xa non son capaz nin de prestarlle atención, para iso xa está Fraga e as súas ameazas de colgarnos a todos, é surrealista!!!
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
After reading the information, I may have different views, but I do think this is good BLOG!
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
I will pass on your article introduced to my other friends, because really good!
Other Net
Enviar um comentário
<< Home