Tempo de lembranza
Hoxe foi un día de recordo. Púxenme a pensar sobre todo o que fixera esta semana e lembrei que había xente da que había moito tempo que non sabía nada. Varios compañeiros do máster estaban desaparecidos. Non tiña noticias. Collín o teléfono e intentei falar con algún deles. O meu esforzo non deu todos os froitos desexados. Só puiden falar con un deles. Ben, pensaredes «mellor iso que nada». Eu tamén o creo. Lembrei todas as horas que pasamos nas aulas e fóra delas. Espero que o tempo non nos distancie.
Hoxe, tamén o día me fixo pensar na miña vida. Por que camiños debía discorrer. Realmente non cheguei a ningunha decisión. O que tiver que ser, será. Só espero que sexa un pouco mellor.
Compañeiros masteriáns espero que esteades todos ben. Espero volver vervos o máis pronto posíbel. Mil bicos para todos.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home