Socialicemos a perdas, privaticemos os beneficios
Ante a crise do modelo capitalista, a intelixencia do capital está a pór unha vez máis as súas teses en práctica. Socializar a perdas, e cando houber, privatizar os beneficios. Isto é que paguen os de sempre. Despois de case 20 anos da caída do Muro de Berlín e da caída de todo un sistema, o poderoso capitalismo críase invencíbel. Pero xa o filósofo alemán predicira cal sería o seu verdadeiro inimigo: O propio sistema capitalista. Un sistema insolidario que só atende ao beneficio rápido. O libre mercado que segundo os neocons se autorregula. Outra falacia. Agora é o momento de que os popes do sistema dean unha explicación. É a hora de pedir responsabilidades. É a hora de que os grandes mercaderes do mundo moderno, A BANCA MUNDIAL, arrime o ombro e deixe de pedir garantías aos estados. É hora de ir pensando noutro sistema. Porque a inxección de capital por parte dos Estados non é máis que un parche, un remendo até a próxima crise financeira. É hora de que á sociedade non lle toque, como sempre, socializar as perdas. É hora de que os Estados pidan responsabilidades e sobre todo, participar dos beneficios. Os beneficios de todos.
Etiquetas: crise, economía, socializar
3 Comments:
lol,so nice
Some of the content is very worthy of my drawing, I like your information!
You these things, I have read twice, for me, this is a relatively rare phenomenon!
fishing net
Enviar um comentário
<< Home