Unha escola da ONU, bombareada polo exército israelita
Dous nenos foron as vítimas do bombardeo do exército israelita sobre unha escola da ONU. Esta nova acción de barbarie volve demostrar, unha vez máis, que os movementos do exército hebreo, alén de descabezar o movemento Hamas, tamén vai contra a poboación civil, incumprindo deste xeito todas as normativas da Convención de Xenebra. Cómpre que a manifestación de mañá en Santiago faga o que os nosos dirixentes políticos non se atreven a facer: Condenar este acto de masacre levado polo exército xudeu.
1 Comments:
Non hai dereito!!!!!!! están en total desigualdade de condicións, non se amañan problemas políticos con violencia, esta guerra a está pagando a poboación civil..que culpa teñen os nenos???
Enviar um comentário
<< Home