quarta-feira, outubro 19, 2005

Unha nova experiencia

Desde o martes da semana pasada levo realizando unhas prácticas nunha pequena editorial sita en Ames. Chámase 3C3. Teño que recoñecer que os primeiros días aburrínme. Non pasei de corrixir e cotexar un texto para a súa futura publicación. O gordo comezou hoxe. Lanzáronme ao uso indiscriminado do Quark 6.1 para mac. Toda unha experiencia. A miña relación con este sistema era practicamente inexistente. Ben, aí estaba eu co libro, unha publicación que vai dar conta da emigración galega no Brasil, e tocoume como non, editar o texto. Axeitar a tipografía á do resto da colección. Teño que dicir que polo de agora os meus pasos son bastante lentos. Mañá toca outro día de duro traballo. Espero que a práctica me vaia dando máis velocidade e poida cumprir axeitadamente co encargo.

3 Comments:

At 5:06 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Hello Pablo:

Xa vexo que por fin amañaches o tema das prácticas; ao final non era tan complicado.
Saúdos,
Begoña

 
At 2:11 da manhã, Anonymous Anónimo said...

O que de verdade está a pasar e que todos se empeñan en matar os soños, teñen medo dun futuro que non sexa previsible e controlable, nunca están dispostos a arriscar... así esmorecen os pobos, afundíndose na súa propia mediocridade, Mesía é un caso claro

 
At 8:31 da manhã, Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

 

Enviar um comentário

<< Home