sexta-feira, julho 22, 2005

Vivir a vida como se fose o último día

Lendo o post da miña querida amiga Blogueira Maria, fíxome pensar sobre a vida. Temos ou non un destino predeterminado? Unha misión nesta vida? Por que os inocentes e os bos son os primeiros en nos deixar? Como nos debemos enfrontar ante tanto caos e maldade?
Todas estas preguntas xa sei que non son de fácil resposta. Cadaún de nós terá a súa propia maneira de facerlle fronte. Eu concordo coa a teoría que reflicte María no seu post: Carpe Diem, vivir o día como se fose o último porque nunca saberemos se realmente o será. Sei que me diredes que é unha moi boa teoría, pero que coma todas, falla pola práctica. Nun momento de guerra e terrorismo, sexa quizais o momento de vivir un pouco máis e adicarnos as cousas que realmente importan: a familia, os amigos, os deportes. Quizais sexa hora de comezar o día cun sorriso. Quizais sexa día de comezar cun «por favor» cada frase e rematar cun «grazas». Quizais sexa hora de deixar de ser tan individualistas e competitivos e levar unha vida de maior concordia co resto do mundo. A paz e a felicidade na Terra ben merecen ese esforzo pola nosa parte.

2 Comments:

At 11:16 da tarde, Blogger Maria said...

Pablo, como já antes referi... cada dia é como um livro em branco. Parte da história somos nós que a escrevemos... a outra o destino ou os outros, como se queira opinar.
O certo é que nos esquecemos, frequentemente, de olhar os que nos rodeiam e de os "abraçar"!
"Por favor" ou "obrigada(o)"... "gracias" em castelhano... marcam a diferença e determinam a reacção que obtemos.
Há guerra, terrorismo, fome, pobreza mas pior do que tudo isto é quando nos esquecemos de manter dentro de nós a chama do amor, da amizade, do respeito e da verdade... e mais não digo a não ser: Parabéns pelo que escreveste amigo "blogueiro"

Um beijinho português e obrigada pela referência ao que escrevi.

 
At 1:53 da manhã, Anonymous Anónimo said...

I have been looking for sites like this for a long time. Thank you! » »

 

Enviar um comentário

<< Home