quarta-feira, julho 27, 2005

Un novo comezo


Hoxe Touriño defendeu o que serán as liñas mestras do seu goberno de coalición. Ábrese unha nova etapa en Galiza. Prometeu que quedarían atrás as políticas de clientelismo e favorismo. Prometeu unha nova política industrial e agrícola. Prometeu. Esperamos que o seu goberno non quede só niso, en promesas, e que todo o que expuxo durante 72 folios se leve adiante durante estes catro anos. Galiza necesita un novo cambio de rumbo que a sitúe no lugar que merece estar. É hora de que as promesas sexan cumpridas. É a hora da acción.
Touriño polo de agora ten a nosa confianza, pero non por tempo ilimitado.

2 Comments:

At 11:04 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Claro que Touriño ten a nosa confianza, pero non sería conveniente que empezara `por barrer a súa propria casa e eliminara as prácticas clientelares dos concellos gobernados polo PSOE e da deputación?
Está moi ben iso do programa e dos 72 A4, pero o que realmente importa e que este señor leva varios anos como presidente, ou o que sexa do PSOE galego e todos coñecemos casos de prevaricación e amiguismo en concellos do PSOE. Cando nos vexamos contoche un que vas a flipar.
Como dixen no meu blog hai uns días o da prevaricación e o amiguismo, por desgraza, non é privativo do PP.
Que tal o xornal de Betanzos?
PEPE

 
At 1:34 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Very cool design! Useful information. Go on!
» » »

 

Enviar um comentário

<< Home