domingo, julho 31, 2005

Xa é oficial

Xa é oficial. A Xunta cambiou de capitán. A nave, Galiza, navega con novos ventos que espero que a leven cara un futuro máis próspero. Atrás quedan 16 anos de caciquismo e amiguismo. Atrás queda o último dinousauro do tardofranquismo. Atrás queda a etapa da Galiza resignada, acomplexada, a que non cre no seu destino nin no seu futuro. Atrás queda a Galiza alienada, a Galiza colonizada. Novos tempos e novos aires entran no País.
Agora é hora de traballar na OBRA. É hora de que como dicía o apóstolo do galeguismo «non critiquedes a obra até que non estiver rematada». É hora de traballar. É hora de mellorar Galiza. É hora de camiñar cara á ALBA DE GRORIA. Agora o destino é noso. Noso tamén será o éxito ou o fracaso.