segunda-feira, agosto 23, 2004

Decisións importantes

Acabamos de saber que o señor Fraga, para algúns D. Manuel, fíxolle saber a Rajoy, con iota e i grego, que ten pensado presentarse a unha nova elección. No Partido Popular non collen de gozo ante esta magnífica decisión. A oposición aínda non fixo unha valoración disto, se ben, o máis lóxico, é que non lle dean demasiada importancia. Incidirán unha vez máis no incumprimento da promesa de D. Manuel de non se presentar a unha reelección. Pero quizais hai demasiado en xogo. Toda a rede clientelar que ten o Partido Popular podería verse seriamente comprometida e moitos postos de confianza seren eliminados. Pero vendo os feitos, será o pobo galego o suficientemente maduro como para, dunha vez por todas, xubilar ao noso presidente e concederlle o merecido descanso? Optará pola renovación do país? Ou continuaremos co que temos e faremos bo o lema de «CADA POVO TEN O QUE SE MERECE». As eleccións dictarán sentenza.
ORA PRO NOBIS.

3 Comments:

At 4:09 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Pois a min paréceme ben que Fraga se presente de novo. Como atractivo turístico pode ser un bo gancho. Igual que outra xente vai a Atapuerca, seguro que aparecen milleiros de visitantes en Galicia atraídos por tal estrano fenómeno. Ademais, o Apóstol xa está moi visto.
(Perdón, embaixatriz, por non delegar en ti este razoamento)
S. (Vou asinar así, que carallo! A novos tempos, novas señas)

 
At 3:46 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Excellent, love it! Concerta only lasts 5 hours venlafaxine suicide bankruptcy taxes penalties 401k loan post petition debt Moving companies andover ma monsters interracial

 
At 12:53 da tarde, Anonymous Anónimo said...

That's a great story. Waiting for more. » » »

 

Enviar um comentário

<< Home