segunda-feira, dezembro 15, 2008

Feijoo quere impulsar o bipartidismo


Asisto estupefacto no programa Hai Debate da galega á entrevista –claramente pactada– que lle realizan a Alberto Núñez Feijoo. Alén de que o tema da lingua non foi para nada tocado, Alberto Nuñez Feijoo lanza a idea de que é necesario un debate a dous: isto é, un debate entre el –segundo as súas palabras o partido que vai gañar as eleccións– e Touriño –o único que pode Gobernar–. Esquécese o sr. Feijoo que Touriño pode ser Presidente só se o grupo parlamentar do BNG chega a un acordo programático co PSOE. E este argumento creo que é suficientemente de peso como para desbotar o debate a dous. É máis, o sr. Feijoo fixo, segundo o meu parecer, uns vaticinios que ben puidesen mudar de aquí a marzo. Ben fose posíbel que se producise o famoso sorpasso tantas veces intentado polo PC sobre o PSOE.
Creo que a formulación de Feijoo pretende converter Galiza nun país bipartito, perdendo dese xeito a riqueza parlamentar que neste momento gozamos.

Etiquetas: , , ,