quarta-feira, fevereiro 18, 2009

A cultura segundo Anxo Quintana



Interesante reflexión sobre o que queremos que sexa a cultura e a lingua do noso País.

Etiquetas: , ,

quarta-feira, janeiro 28, 2009

Sobre o voto emigrante



Interesante reflexión do líder do BNG á Presidencia da Xunta. Contrasta coa opinión do Candidato do PSdG e actual Presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño.

Etiquetas: , , ,

segunda-feira, dezembro 15, 2008

Feijoo quere impulsar o bipartidismo


Asisto estupefacto no programa Hai Debate da galega á entrevista –claramente pactada– que lle realizan a Alberto Núñez Feijoo. Alén de que o tema da lingua non foi para nada tocado, Alberto Nuñez Feijoo lanza a idea de que é necesario un debate a dous: isto é, un debate entre el –segundo as súas palabras o partido que vai gañar as eleccións– e Touriño –o único que pode Gobernar–. Esquécese o sr. Feijoo que Touriño pode ser Presidente só se o grupo parlamentar do BNG chega a un acordo programático co PSOE. E este argumento creo que é suficientemente de peso como para desbotar o debate a dous. É máis, o sr. Feijoo fixo, segundo o meu parecer, uns vaticinios que ben puidesen mudar de aquí a marzo. Ben fose posíbel que se producise o famoso sorpasso tantas veces intentado polo PC sobre o PSOE.
Creo que a formulación de Feijoo pretende converter Galiza nun país bipartito, perdendo dese xeito a riqueza parlamentar que neste momento gozamos.

Etiquetas: , , ,

domingo, março 09, 2008

Elección 9 marzo 2008




Vía Brétemas coñezo esta aplicación web. A ver que deparan as eleccións para o nacionalismo galego.

Etiquetas: , ,

quarta-feira, julho 04, 2007

Debate do Estado 2007

Un ano máis, Galiza pasou sen máis pena nin gloria polo debate do Estado. Unicamente o representante do BNG, Francisco Rodríguez, deixou constancia da nosa presenza. Un ano máis fíxose claro que Galiza precisa máis que nunca un grupo parlamentar propio para que as nosas demandas sexan escoitadas. Non podemos perder máis tempo. Nas próximas eleccións temos que conseguir un grupo propio. O noso futuro depende diso.
Se non puidestes ver a intervención do noso representante, déixovos aquí a súa intervención.

Etiquetas: , , ,