terça-feira, março 29, 2005

Jiménez del Oso


Sobran as palabras. A súa perda foi demasiado grande. Paz e gloria alí onde estiveres.

segunda-feira, março 14, 2005

Touriño presidente?

Este parece ser o lema do candidato socialista. Seguen a estela do ZP. Pensan que se unha vez lles deu resultado porque non dúas. Pero segundo creo, e é un pensamento meu, Touriño non é ZP e non conta co anxo de cara como o líder socialista. Non gañou unhas primarias contra todo pronóstico. Non gañará unhas eleccións a menos que haxa unha debacle do PP e tampouco posúe «el TALANTE» do seu xefe. É máis conta cun elemento nas súas filas que pode obrar de quinta columna, o señor SIR FRANCIS. O «insigne» alcalde da Coruña non acata o estilo á catalana do PSG. O seu españolismo recalcitrante torpedea toda posibilidade de independencia do PSG con respecto a Madrid. E Touriño está no medio.
Touriño é un político de perfil moi baixo que só podería acadar a xefatura da Xunta despois dun pacto co BNG. Pacto que debido ao seu candidato, o señor Quintana, pode facer que o PSG se faga co segundo lugar. Moi distinto tería sido que o que se presentase para presidir a Xunta fose o señor Xosé Manuel Beiras Torrado. Un xenio que gañaría pola man a Touriño.
Quintana é o eterno enigma. Un home que parece ter o anxo de cara. Eterno alcalde de Allariz, concello modélico da Galiza que cre en si mesma, da Galiza que loita por mellorar e non espera a eterna subvención, deixou o seu cargo para facerse cargo da nave nacionalista. Os seus primeiros momentos foron moi duros. Revolta interna. Beiras e Rodríguez enemistados. UPG vs Esquerda Nacionalista. E por riba de todo o follón de Vigo.
Galiza necesita un cambio. O tempo de Fraga pasou. Non podemos seguir dando confianza a un proxecto esgotado. Novos aires son necesarios. Espero, mellor dito, desexo que as próximas eleccións sexas as primeiras que Galiza conte cun presidente nacionalista. Un Presidente que crea nas potencialidades do País. Alguén que non viva pendente do subsidio. Alguén que poña o País a producir. Alguén que dignifique dunha vez por todas o idioma. Que faga del un segundo Renacemento. Alguén que dunha vez por todas faga todo aquilo que ninguén antes foi capaz de facer. A historia débenolo. Somos os eternos prexudicados. A HISTORIA DÉBENOLO.

Volta ao traballo

Esta semana pasada volvín traballar. Si, podedes crelo. Volvín ao meu traballo portuario. Jejeje. Non a estiva-desestiva. Jejeje. Volvín pesar camións. Uns euros que me van vir moi ben. A ver se esta semana me volven chamar. O traballo, unha gozada. Non se fai practicamente nada e cóbrase bastante ben. Jejeje. Uns eurillos. Pero tamén se pode observar a precariedade do emprego. Polo menos do meu. Unha semana traballas e outra non. Xa veremos que depara o futuro.