sexta-feira, abril 22, 2005

19 DE XUÑO, é posíbel o cambio?

O 19 de xuño estamos chamados a unha consulta electoral. Xogámonos moito nestas eleccións. Por un lado continuar cun goberno anquilosado que en 16 anos non foi capaz de levar a Galiza a onde realmente lle tocaría estar ou mudar a elite que goberna este país como se fose o seu «couto privado». Prestige, vacas tolas, ruína agraria, desemprego, ditadura nas medios de comunicación, control férreo da información, uso partidista dos recursos do país, asignación de obras a «amigos», e un longo etcétera que sería moi longo de enumerar. É o momento de darlle un cambio ao país e facer unha nova política que garanta o despegue de Galiza. É unha oportunidade única e non deberiamos deixala escapar.