terça-feira, agosto 28, 2007

Antonio Puerta, in memoriam

Hoxe á tarde faleceu, despois dunha parada cardiorrespiratoria no partido Sevilla-Xetafe, Antonio Puerta. Era un profesional do fútbol e nos próximos días ía ser pai. Lonxe do histrionismo dos cracks mediáticos, este xogador representaba o fútbol en estado puro.

Etiquetas: ,

quinta-feira, agosto 23, 2007

Temos que quitarlle a condición de galego a Rajoy?


Despois das declaracións de Mariano Rajoy sobre a importancia de os nenos coñeceren o himno galego e o idioma propio, pido que lle sexa retirada a condición de galego a Mariano Rajoy. Unha vergoña para todos os galegos de ben.

Etiquetas: ,

segunda-feira, agosto 20, 2007

Somos os galegos un pobo esquizoide?

Levo matinando moito tempo sobre esta cuestión. O meu traballo de repartidor confíreme moi abondosamente tempo para reflexionar sobre este tipo de cousas. Inquírome sobre se a existencia de dous idiomas no noso país, alén de poder ser considerado como unha riqueza, non fai que divida a nosa sociedade e faga que medre nela un sentimento de esquizofrenia colectiva que nos leva a denigrar o que é noso. Con este tipo de comportamentos teño que lidiar todos os días. Teño que recoñecer que a empresa na que traballo o afecto cara a lingua que nos é propia non é demasiado boa. Teoría que eu supoña xa ultrapasadas aínda andan na mente dos meus compañeiros. Teño que recoñecer que, quizais a miña formación académica me faga ver a realidade doutra maneira. Pensamentos e condutas que a calquera filólogo lle semellarían aberrantes están aínda moi presentes. Estamos no 2007, pero semella que non pasamos aínda do 39. Moito teremos que mellorar se queremos deixarlle algo a todos os que nos han de seguir. Sermos un pobo diferenciado depende diso.

Etiquetas: ,