sábado, abril 26, 2008

25 de Abril

Vía a web do meu amigo engalego 3.0, coñezo este vídeo dun programa da TVG do ano pasado que conmemoraba a figura do Zeca Afonso. Galegos e portugueses a unha soa voz. Quizais a non moito tardar, os tempos son chegados.

sábado, abril 12, 2008

Acadei os 10.000

O enigma albixoi está de parabéns. Dez mil visitas desde o seu comezo. Moitos post e outros moitos comentarios. Grazas a todos os que por aquí pasaron. Agardo que a lectura dalgún post axudase a reflexionar ou a gozar un pouco máis da vida.

Etiquetas:

domingo, abril 06, 2008

Momentos de transición

A historia do ser humano componse de momentos de transición. Momentos que o fan estar arriba, momentos que o levan inexorabelmente cara a abaixo. Un continuo tic-tac que modifica cada vida. Nun momento estamos ledos, ao seguinte tristes. É a ironía da vida humana. O non saber que nos vai deparar o futuro.  Felicidade e tristura, nun contrapunto perfecto. Simplemente a vida.

Etiquetas: