quarta-feira, outubro 19, 2005

Unha nova experiencia

Desde o martes da semana pasada levo realizando unhas prácticas nunha pequena editorial sita en Ames. Chámase 3C3. Teño que recoñecer que os primeiros días aburrínme. Non pasei de corrixir e cotexar un texto para a súa futura publicación. O gordo comezou hoxe. Lanzáronme ao uso indiscriminado do Quark 6.1 para mac. Toda unha experiencia. A miña relación con este sistema era practicamente inexistente. Ben, aí estaba eu co libro, unha publicación que vai dar conta da emigración galega no Brasil, e tocoume como non, editar o texto. Axeitar a tipografía á do resto da colección. Teño que dicir que polo de agora os meus pasos son bastante lentos. Mañá toca outro día de duro traballo. Espero que a práctica me vaia dando máis velocidade e poida cumprir axeitadamente co encargo.