Ser galego
Lendo un blog que desde aquí quero recomendar, Fíos invisibles, fíxome pensar no que supón ser galego e sobre o que queda despois da morte dunha aldea. Teño que admitir que o meu pensamento sobre o tema non é moi positivo. A miña experiencia dime que tras a desaparición dos nosos últimos maiores, a aldea que case todos nós coñecemos desaparecerá quedando só unha bonita lembranza. A globalización vaino engulir todo. Polo camiño tamén a nós.