Henkel, o traballo das caixas
Todo comezou cunha chamada da ett coa que asiduamente teño contratos para a pesaxe de camións no porto da Coruña. Esta vez, a chamada era para algo distinto. Tratábase de entrar a traballar por un período de 15 días nunha cadea de produción da fábrica de cosméticos Schwarzkopf and Henkel para a embalaxe dunha serie de produtos. Nun principio dubidei. Pensei, que carallo fai un filólogo nunha cadea de montaxe? Conviredes comigo que nun principio non sería un traballo o máis axeitado. Pero, como poderoso cabaleiro é don diñeiro, alá me fun. Toda unha semana facendo caixa para un produto para que os dentes dos alemáns estivesen máis brancos. O primeiro día e o segundo foi de tolos. Sete horas e media facendo caixas. Unha tolería. Foi a semana máis longa desde hai moito tempo. O mellor, os eurazos que vou cobrar por esta experiencia fabril e a posibilidade de que se continúe para o mes de febreiro. Xa vos contarei máis.