terça-feira, outubro 24, 2006

O bolígrafo de Aznar

 

Non quero deixar pasar a oportunidade de amosar a «magnífica» persoa que é o ex-Presidente do Estado español, José María Aznar. Como diría Jesulín: «Im-prezionante».

A Polémica do «L»

Unha vez máis, e non son poucas, a cidade da Coruña vese envolta na «ditosa» polémica da denominación da urbe. Sobre deste particular, teño que dicir, dunha vez por todas, que o que teñen que facer as autoridades competentes é aplicar a normativa vixente e que non é nin máis nin menos que a lei de normalización lingüística. Nela, como é ben sabido de todos, explecitízase moi ben que a única denominación posible das poboacións de Galiza é o seu nome en galego. Calquera outra posiblidade como ben indica Brétemas é un lote de fume para desviar a atención.

quarta-feira, outubro 11, 2006

A vida continúa

Teño que recoñecer que estes días estiven con moi poucas ganas de escribir. O pasamento da miña avoa, a única que me quedaba, provocou en min unha sensación de abatemento. Desde aquí, quero agradecer a todos aqueles que me ofreceron o seu pésame e tamén a todos aqueles que o sentiron, pero que non se atreveron ou non quixeron escribir nada. Grazas a todos vós, serdes quen fordes. Nestas semanas de intensa actualidade política, teremos que reflexionar sobre o último debate do estado da Nación e o detonamento dunha arma nuclear pola República Popular de Corea. Prevese un inverno con fortes sensacións.