O ENIGMA ALBIXOI
«SÓ SEI QUE SON UN SER VIVO, O RESTO É TOTALMENTE NEGOCIÁBEL» Stephen Franklyn dixit.
quarta-feira, junho 13, 2007
sábado, junho 09, 2007
Normalización lingüística
Estes días estou a observar que vivimos nun país de esquizoides. En ningún lugar do mundo, en ningún, un pobo loita contra unha lei que por primeira vez no que levamos de historia intenta recuperar o emprego do seu idioma. Pero como diría o eslogan franquista adaptado «Galicia is different». Unha panda de, non sei moi ben como definilos, lanzou unha páxina para «defender» o que eles cren que é unha vulneración dos seus dereitos lingüísticos. Argumentan, todos cheos de razón, que o galego está a asoballar o castelán en Galiza. Que este goberno, e o que eles din, os nacionalistas radicais, queren extinguilo. Non saben, ou son moi tontos, que a historia demostra totalmente o contrario. A persecución desde que este territorio se definiu por ter unha lingua propia foi a da súa extinción. A asimilación a unha lingua que, se ben hoxe forma parte do noso país, non temos que esquecer que foi imposta pola forza. Aquí non houbo unha elección dos falantes. Primeiro a política de Doma e castración levada a cabo polos Reis Católicos e logo a política franquista quixo borrar do mapa o noso idioma e converternos nunha anexión de Castela. Porque, sexamos claros, eliminar un idioma é eliminar unha forma de pensamento distinto, que no fondo, é do que se trata todo isto.
Etiquetas: Normalización lingüística
sexta-feira, junho 01, 2007
Democracia en estado puro
O pasado domingo fun escollido para realizar o labor de presidente dunha mesa electoral no lugar onde resido. Neste día puiden observar de preto todo o que supón unha xornada electoral. Voto, voto, voto. O destino dunha cidade nas mans do pobo. Cada voto contaba. Losada, Tello, Negreira, cal sería o vencedor? Os resultados parciais da miña mesa daban unha vitoria parcial ao actual alcalde interino Losada. 207 cidadáns coruñeses obtaran por esta opción. En segundo lugar, Carlos Negreira (do PP) obtivo 147 votos e de terceira opción resultou Quique Tello con 108 votos. A miña zona ditara sentenza e non entregara a maioría absoluta a ningún dos tres candidatos. Agora era a hora de que os tres se puxesen de acordo sobre o futuro municipal. Ou hai pacto ou a cidade veríase nunha espiral de ingobernabilidade. Un pacto PSOE-BNG reeditando o da Xunta semella o máis lóxico. Pero, desde a cidade eterna (Roma) ofrecía xa a súa postura: Losada ten que pactar co PP. Unha vez máis a Coruña pode ser a cidade do antigaleguismo. Os próximos días ditarán sentenza.