sexta-feira, outubro 03, 2008

Grande Depor


Fonte: La Voz de Galicia

Hoxe vivimos un grande partido de fútbol. O Deportivo tiña un resultado adverso de 2 goles a cero, mercé á súa visita ao campo do Brann hai quince días. Prevíase un partido duro. Realmente foi así. Se ben as cousas pintaban ben aos 17 minutos grazas a un gol de Colotto, dous minutos despois perdiamos un efectivo. Ricky, mercé a dúas accións moi discutíbeis, foi expulsado. A remontada semellaba un pouco máis afastada. Pero foi aquí  onde o espírito de hai anos posuíu ao Depor. Os dez xogadores convertéronse en perfectos gladiadores que tiñan que loitar contra once fornidos viquingos e un árbitro ao que lle veu moi grande o partido –realmente o home non sabía nin que pitaba. Había tempo que non vía un colexiado tan, tan malo–. Xa na segunda parte Colotto noutro saque de esquina conseguía o seu segundo gol de cabeza. A remontada estaba máis preto. Pero o resultado non se movería até a fin do tempo estendido. A lotaría dos penaltis deparaba o noso futuro. Aquí xurdiu a figura de Aranzubía –realmente teño que admitir que é un porteiro que non me gusta nada–. Parou tres dos catro lanzamentos que lle fixeron.
Hoxe foi un deja vú de anos pasados. Agardemos que vivamos máis momentos como estes.

Etiquetas: