domingo, janeiro 04, 2009

Paremos o masacre de Gaza

Fonte: Lavozdegalicia.es

PAREMOS XA O MASACRE DE GAZA! Pido desde este humilde recuncho que presionemos a todos os nosos gobernos para que obriguen ao estado de Israel a parar a ofensiva xenocida en Palestina.
ALTO Á AGRESIÓN XENOCIDA DE PALESTINA.
Os conflitos só se resolven coas palabras. As guerras só traen guerras. RACHEMOS O CÍRCULO VICIOSO. Recuperemos a cordura. Paremos esta matanza inútil.

Etiquetas: , , , ,

sábado, abril 21, 2007

Memoria histórica II

Nestes días vimos de observar como, de xeito machacón, os dirixentes do PP non cansaron de argumentar que á cidadanía non lle importaba a memoria histórica. Penso, e creo que non estou equivocado, que esta teimosía ben puidese ser porque investigar sobre o acontecido no período da Guerra Civil (1936-1939) e os posteriores 40 anos de ditadura franquista non os deixaría en moi bo lugar. Ante isto semella máis que necesario que o actual goberno faga un esforzo aínda maior por tentar recuperar a memoria dun tempo que «algúns» queren soterran para sempre.
As vítimas merecen unha exoneración dos seus falsos delitos.

Etiquetas: , ,