terça-feira, novembro 23, 2004

A intelixencia dos norteamericanos


Esta é a cara máis terrorífica da actualidade. Unha face que trae ira e destrución. Guerra perpetua. Os últimos resultados electorais norteamericanos fixéronme pensar en algo que xa levaba tempo cabilando: A INTELIXENCIA DOS AMERICANOS (??????) e estes resultados lévanme á conclusión de que máis aló da ESTATUA DA LIBERDADE as neuronas morren. Deste este pequeno foro pido, non reclamo, que nunca máis se lles deixe botar a semellantes ignorantes, porque o noso futuro está en xogo. Pido, reclamo e demando que se lles retire o privilexio do sufrago, que só os cidadáns do mundo poidamos pór na «GUAIT JAUSE» ao seu inquilino temporal. O mundo non merece outro Hitler. Outro iluminado que nos leve á total destrución. Morte aos ianquis incultos.

quinta-feira, novembro 11, 2004

A Coruña

Con este blog quero deixar a miña opinión sobre o intento fascista de SIR FRANCIS dunha vez máis colocar a esta cidade fóra dun país que se chama Galiza. Quere co seu españolismo opresor situarnos fóra dunha realidade. Señor Paco Vázquez, entéirese dunha vez que A Coruña está en Galiza e como así é o seu único nome é en GALEGO. Déixese de castelanizacións estúpidas que non levan a ningures e o único que deixan ver é o seu autoodio coma galego. POR UNHA CORUÑA GALEGA!