Outro blog
Quero, unha vez máis, recomendar o blog dun compañeiro e amigo de carreira. Toda a súa experiencia na fría e distante Alemaña.
«SÓ SEI QUE SON UN SER VIVO, O RESTO É TOTALMENTE NEGOCIÁBEL» Stephen Franklyn dixit.
Guerreiro dos tempos modernos. Loitador infatigable contra as inxustizas. A nova esperanza dun mundo mellor someteuse a unha entrevista con Jesús Quintero. Merece a pena escoitalo.
A web da Xente moza de Curtis acaba de colgar na web www.youtube.com o vídeo do curtiense Edilberto Alonso na que se canta ao carácter nacional de Galiza. Bos ventos semellan percorrer o ciberespazo para a consideración nacional do pobo galego.
Humala Ullanta perdeu as eleccións no Perú. O Imperio por fin conseguiu frear a tendencia antiamericana que se estaba a producir na latinoamérica. Venezuela, Arxentina, Brasil, Uruguai, Bolivia decidiron arredarse do grande irmán americano e comezar a levar novas políticas sociais que beneficiasen aos seus cidadáns. O imperio tiña que facer algo e deter esta tendencia que insinuaba con rematar coa doutrina «América para os Norteamericanos». Unha mágoa, pero as bases están postas. Só é cuestión de tempo.