quinta-feira, janeiro 18, 2007

Quilómetros, quilómetros

Esta semana veño de me converter nun animal da estrada. De acabalo da miña Peugeot Expert percorro unha rota que vai desde Lañas (Concello de Arteixo) até o polígono de Bergondo (no concello de idéntico nome) . Taller tras taller vou deixando os pedidos. Unhas bombillas para un coche, un alternador, unha batería, etc. Así é un día. Entre taller e taller, mentres que un vai atento á condución, e naqueles pequenos momentos que a circulación permite un pequeno descanso, admiro a paixase. Estas viaxes son tamén bos momentos para as reflexións: a vida laboral, a vida social, a política, o Estatuto. Todo é posible nun traxecto. Unha experiencia que, polo menos unha vez na vida, todos teriamos que probar.

Etiquetas:

domingo, janeiro 14, 2007

Unha nova etapa

O ano 2007 veu cargado dunha nova sorpresa: Un traballo. Non é o que poderiamos chamar do máis «glamouroso» do mundo, pero a primeira oportunidade real de ir saíndo adiante na vida. A empresa en cuestión chámase SEAMO e ten como finalidade a venda de produtos eléctricos do automóbil. Por automóbil enténdese todo vehículo a motor, dende turismo a camións, pasando por motos e autocares. Polo momento estou de condutor dunha furgoneta no reparto. Estas dúas últimas semanas paseinas coñecendo cada un dos talleres aos que cada día terei que, sen a menor tardanza, levar as pezas que soliciten. Mañá, é o meu primeiro día de reparto so, un experiencia que vos irei relatando nos días sucesivos.

Etiquetas: ,