A memoria dos peixes
Din os científicos que un peixe pode lembrar o que lle sucedeu durante 3 segundos. Nós, os galegos, parecemos os reis do mar. A nosa prodixiosa memoria non parece durar moito máis. Fraga preséntase por quinta vez despois de prometer como máximo 8 anos. E voltará gañar. Pero nós, totalmente autocompracentes, seguiremos pensando que a culpa é del por se presentar. Non señores, a culpa é totalmente nosa por voltar depositar a nosa confianza nese home.
Outro bo exemplo foi o do Prestige e a marea negra. Como se explica senón que o PP gañase naqueles concellos máis afectados polo desastre ecolóxico. E todo por 30 miserables euros diarios. Pan para hoxe e fame para mañá. E non parece que aprendesemos nada.
A nosa memoria é fráxil. Estamos perdendo os últimos sobreviventes da guerra civil. Os que coma min tivemos sorte de que nos contasen o que pasou poderemos transmitilo nun futuro para evitar no posíbel que se repita. Pero segue a dar igual. Gañan os de sempre. O cacique transformado en demócrata. A SANTA DEMOCRACIA QUE NOS IGUALA TODOS. Tanto vale o voto de alguén concienciado coma o do vello que carretan no bus e non sabe nin o que vota. E iso pasa. Pero a culpa será do PP, de Fraga. Pero a CULPA SERÁ SEMPRE NOSA.
Somos un pobo alienado que non parece espertar. Durmimos o soño eterno, esperando, quizais o noso Rei D. García, que nos liberte. O soño eterno continúa.
Só nós somos quen de cambialo.
O PAÍS MERECE UNHA OPORTUNIDADE. É HORA DE DÁRMOLA.
9 Comments:
A veces también pienso que es cierto que cada pueblo tiene lo que se merece. Pero no deja de ser una verdad a medias. Simplificando, la mitad de un pueblo, o la tercera parte sufre unos dirigentes que sólo merece la otra parte. Es uno de los artificios de la democracia tal y como la conocemos. La de las mayorías y no la del consenso.
Salud y República.
Por cierto, mal vamos si quien tiene que rescatar es un rey. ¡Viva la República!
E antes de todo o da Costa da Morte, eu citaría tamén os famosos e vergonzosos enterramentos de Mesía (je,je,je,...), tamén esquecidos.
E antes de todo o da Costa da Morte, eu citaría tamén os famosos e vergonzosos enterramentos de Mesía (je,je,je,...), tamén esquecidos.
S.
Aproveito para recomendar a lectura de "A terra quere pobo", de Xosé Luís Barreiro.
Hoxe por hoxe, paréceme unha lectura fundamental.
S.
No está hoy el cuerpo para escribir. La morriña afecta sin aún marchar. Va a ser la tierra gallega. Deberá estar más que contento, sin embargo sólo estoy triste. Quiero saber qué dejo aquí, si voy a perder algo. Si con mi marcha voy a perder también algo en Asturias. Espero que no, que no deje nada en el camino, sino que sólamente sume, encontraré nueva gente.
Qué mala es la morriña. Muchos ánimos a todos.
SALUD Y REPÚBLICA.
Se un sabe, por algo será... je,je,je... ¡Vivan ceibes todas as Repúblicas que citas, incluído Ove, aínda que non dean a súa parte do monte!
Coñeces Mesía?
Non, non coñezo Mesía. Pero procuro manterme informado. S.
Enviar um comentário
<< Home