37-25-13 e un escano que pode mudar un cambio:
o voto da emigración. Xa que os galegos fomos, e van 5, o suficientemente tontos de lle dar a un ditador ( si ditador, misóxino e antidemocrático) 700.000 votos e que poida conseguir unha maioría absoluta, deixamos unha vez máis (van unhas cantas) a decisión do noso goberno en mans doutros (quizais tan galegos coma nós, iso non o discuto, pero que descoñecen a realidade de Galiza). Isto como non podería ser doutro xeito é completamente de
vergoña. Vergoñento que un vello de
82 anos volva conseguir ese número de votos. Vergoñento que, dunha vez por todas, non
apostaramos polo cambio. Vergoñento que sigamos ancorados en pensamentos decimonónicos. Vergoñentos que non acreditemos no
País. Vergoñento...
Aínda que finalmente o goberno recaia en mans progresistas, o resultado non deixa de ser vergoñento. Unha vez máis demos a visión dun
pobo atrasado que non se sabe adaptar aos tempos modernos. Un pobo
medoñento do futuro. Un pobo que non se sabe liberar dos seus pantasmas. Perdemos
outra oportunidade. Outros catro anos. Perdemos o penúltimo tren da modernidade. Só desexo que esta decisión non nos pese demasiado.
A ALBA DE GRORIA TERÁ QUE AGARDAR.