quinta-feira, setembro 28, 2006

IN MEMORIAM

Quero adicar este post á miña avoa, falecida o día 25 deste mes. AVOA, NUNCA TE ESQUECEREI!

quarta-feira, setembro 20, 2006

Causalidades

O día de onte foi toda unha experiencia na miña vida. Ben cedo, puxen rumbo cara a cidade olívica para un encontro con Brétemas. Amabelmente ofreceuse a me titorizar o meu traballo de fin de máster, o enésimo máster que realizo na procura dun traballo, e despois de me axudar a solucionar as distintas dúbidas que tiña ao respecto, ofreceume unha proposta coa que nunca soñaría: levar de compañeiro de viaxe cara a cidade herculina a...., a quen vos imaxinades? Certamente a resposta non é doada. Neste caso foi a Manolo Rivas. Como poderedes entender, a miña sorpresa foi maiúscula. E a miña emoción igual. A viaxe teño que dicir que foi simplemente marabillosa. Falamos do divino e do humano e o mellor foi a constatación de que me atopaba diante dun home que realmente era iso: un home común. Cos seus soños, as súas necesidades, a súa historia. Realmente o día de onte pasará a ser un dos mellores días da miña vida.

sexta-feira, setembro 15, 2006

Beiras4

quarta-feira, setembro 13, 2006

Beiras3

Beiras2

Beiras1


Figura importantísima no noso País, calquera cousa que diga é merecente de ser tida en conta.

sábado, setembro 02, 2006

A miña desaparición

Teño que confesar que a miña desaparición do mundo blogueiro ten, como non ha ser doutra maneira, unha explicación ben sinxela. A empresa La Toja tivo a ben, por medio de Adecco, chamarme 16 días para que traballase na súa fábrica, sita no concello de Culleredo, por unha substitución de vacacións de persoal. O traballo, teño que dicilo, é totalmente rutinario: ou facer palets ou botar tubos de plástico para que unha máquina os encha de crema de dentes ou nunha cinta a botar botes que se enchen de gomina. Un traballo completamente en cadea, iso si, a remuneración é o mellor. O día 10 saberémolo.
Non quero deixar pasar a oportunidade para, unha vez máis, falar do Agosto horribilis que padecemos. Lume, onte mesmo o incendio dunha planta química en Caldas de Reis que vén de producir unha contaminación no río Umia, e que vén incrementar aínda máis o nefasto verán que pasamos. Agora a pregunta necesaria é, cando deixaremos de sermos referentes en traxedias?