segunda-feira, abril 23, 2007

Morreu Ieltsin


Hoxe morreu o home que fixo desaparecer a UNIÓN SOVIÉTICA. Hoxe finou o azoute do comunismo. Hoxe morreu un político que converteu unha superpotencia nun país do terceiro mundo. Hoxe morreu un adicto ao vodka. Hoxe morreu Boris Ieltsin. Tanta paz leve como calamidades deixou.

Etiquetas: , ,

sábado, abril 21, 2007

Memoria histórica II

Nestes días vimos de observar como, de xeito machacón, os dirixentes do PP non cansaron de argumentar que á cidadanía non lle importaba a memoria histórica. Penso, e creo que non estou equivocado, que esta teimosía ben puidese ser porque investigar sobre o acontecido no período da Guerra Civil (1936-1939) e os posteriores 40 anos de ditadura franquista non os deixaría en moi bo lugar. Ante isto semella máis que necesario que o actual goberno faga un esforzo aínda maior por tentar recuperar a memoria dun tempo que «algúns» queren soterran para sempre.
As vítimas merecen unha exoneración dos seus falsos delitos.

Etiquetas: , ,