terça-feira, agosto 31, 2004

O meu último día

Pasou un ano. Experiencias boas e malas. Máis das primeiras. Hoxe enfróntome ao meu último día de curro. Unha estraña sensación invade o meu corpo. Unha especie de tristura que non sei moi ben como expresar. A sensación de medio fracaso persígueme. Todo o esforzo parece que non serviu demasiado. Agora a incerteza do futuro. As portas do INEM parecen as columnas de Hércules. Enormes. Pregúntome, serviu de algo todo isto? Realmente teño que responder que si. Por un lado adquirín uns coñecementos que non posuía e coñecín xente incríbel. A valoración é positiva. Pero como hai un ano sigo sen traballo. Ben, aínda peor, agora teño un ano máis. É momento de enfrontarse a novos retos. Quizais máster, ou como sempre digo: «a construcción ábrenos as súas portas». Realmente vai ser certo o que di miña nai «e grazas por ter algo». O futuro é algo neboento. Unha brétema espesa non nos deixa ver o que temos máis adiante. Só sei unha cousa. Mañá será outro día. Como dixo un sabio: «só sei que son un ser vivo, o resto é negociábel».
Para despedir este post rematarei coa frase doutro sabio: «SALUD Y REPÚBLICA».

15 Comments:

At 6:34 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Ánimo, Pablo, ánimo. Xa verás como vai saíndo algo. É un desexo; de verdade.

E mira que tedes manía coa República, agora que eu me volvín monárquico -cunha pequena condición que creo sabe a miña embaixatriz-

Un saúdo
S.

 
At 7:53 da tarde, Blogger albixoi said...

Moitas grazas polo teu ánimo. Hoxe entenderás que non me sinta especialmente alegre. Ben, como dixen, mañá será outro día.

 
At 10:50 da tarde, Blogger albixoi said...

Grazas polas túas palabras. Pero un inquérito, coñecémonos? Como conseguiches esta páxina? Non é por nada, só por curiosidade. Tes este blog aberto para participares sempre que o creas oportuno.

 
At 2:13 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Pablo...
despois de ler o teu último post, xa esquecín qué carallo ía contarche dos anos 50 neoiorquinos.

sínto moitisimo a túa situación, pero tampouco (aínda) é para volverse tolo. es moi novo, podes facer e desfacer moitas cousas. ainda hai tempo. (tempo sempre hai, supoño).

ti non falas diso, pero tod@s sabemos da posibilidade das oposicións. supoño que de clásicas se convocan catro prazas cada catrocentos anos, pero a posibilidade (e a probabilidade) está aí e se o resultado é positivo, podes morrer tranquilo para o resto da túa vida. quero dicir, que é a solución redonda. non?

ánimo. En calquera cousa que fagas, a meirande parte das veces á vida é máis cuestión de ciclos ca de desgracias. ou non, pero sempre de experiencias.

moitos biquiños,
Jessia F. http://www.20six.fr/jessicafletcher

 
At 2:34 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Ola de novo,
acabo de ler o que che mandei e parezo unha señorita do "teléfono da esperanza", ou algunha cousa terrorífica desas, así que volvo á carga.

EE.UU:
non son un pobo bárbaro, posúen un Estado barbarrérrimo cunha capacidade de alienación amplísima, que non é o mesmo.
o pobo non é bárbaro, o pobo non está determinado xeneticamente. ou, se o pobo ianki é bárbaro, en que lugar queda o pobo galego na súa teima en que Fraga continúe no poder?
entón, podemos dicir que existe unha parte do pobo barbarizada ;) E si, só unha parte do pobo, pq a outra estabase manifestando estes días polas "capitalistas" rúas do centro de nova iorque contra Bush e contra a guerra en Iraq, do mesmo xeito que aquí a outra-Galicia se manifestaba con Nunca Máis, etc.
Daquela, dicir que un non querería xamais ser ianki pq son un pobo bárbaro... pode sonar un pouco nazi, pq eses señores e señoras que nacen alí non teñen culpa ningunha de que o sistema de poder que posúen lle meta polos ollos cada día que teñen unha ameaza terrorista na porta da súa casa. Para min, o correcto sería dicir que un non quere ser ianki pq un está moi contento co que é. e vía ;P Pero, ollo, de nos tocar ser iankis, seríamolo sen complexos e teria moito mérito que fosemos dos q non nos tragamos que Sadam Hussein tiña unha confabulación internacional artellada contra o mundo mundial.
Iso é o q as Jessica Fletcher Resistencia Virtual, pensan... pero creo que eu falaba un pouco doutra cousa: a literatura norteamericana dos anos 50 e os seus ambientes, é dicir; a anti-moral e o anti-imperio. (e o jazz). e, ainda así, eran iankis. e eran xeniais.

espero que a eva non lle sone demasiado arameico. bicos :D

 
At 2:42 da manhã, Anonymous Anónimo said...

xa me vou. que eu mañá teño exame :S

pq cambiaches o deseño do blog?
encantanme tod@s @s Anónim@s que asinan no teu blog.

bcs

Jessica

 
At 1:00 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Hola Pablo. Muchos ánimos desde Pontevedra. Yo hoy me encuentro mejor que ayer, pero realmente yo no tengo por qué quejarme,´porque soy uno de los afortunados que consiguió un contratotras el master. Pero sí me mata setar alejado de todo. Lejos de mi casa, lejos de mis amigos, los de aquí y los de Asturias, lejos de mi niña. Qué le vamos a hacer, ya sé que son nimiedades cuando lo que está en juego es el futuro, pero yo quisiera que mi futuro no dejara nada de lo que quiero en el camino.
Un gran abrazao.
Por cierto, me siento un poco raro escribiendo en castellano, debéis perdonarme todos, pero es mi lengua.
Salud y República

 
At 6:40 da tarde, Anonymous Anónimo said...

coñezo ese sentimento. pero renderse debe ser o último.
unha aperta

 
At 9:11 da tarde, Anonymous Anónimo said...

buuhhh... pablooo... sabemos que andas por aí... velaiquí as pantasmas da blogaliaaaaah!

jajaja [estou sen durmir :S]

bcs!
Jessica F.

 
At 9:14 da tarde, Blogger albixoi said...

Realmente ando por aquí. Tedes razón. Moitas grazas polos ánimos. Bicos mil.

 
At 4:26 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Por qué cambias el diseño? No quieres imitadores en el mundo de las bitácoras,eh?
Quién me va a echar ahora la bronca por no estar currando, por estar leyendo el correo o escribiendo en mi "súper blog" (cuidado con esa envidia, que la noto...Algún día llegarás a los 500, algún día)
A pesar de todo, a las seis te echaremos de menos por la sección de monográficos.
Ves como cumplo mi palabra? Te dije que escribiría y aquí estoy, en vez de trabajar.

Nos veremos en Santiago, eso creo.
ANA

 
At 4:33 da tarde, Blogger albixoi said...

Moitas grazas por seres unha muller de palabra. Que saibas que podes intervir cando o desexares. Os teus comentarios serán sempre benvindos neste blog. Eu tamén vos botarei de menos. Bicos para Sole e apertas para Guisande.

 
At 3:35 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Looking for information and found it at this great site... » » »

 
At 11:35 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Best regards from NY! » » »

 
At 2:53 da tarde, Blogger 三重古天樂 said...

Dans une tribune intitulée “Gaulliste je suis,酒店經紀 gaulliste, je resterai”,酒店打工 publiée sur Facebook,酒店工作 Nadine Morano est revenue sur son dérapage dans l'émission de Laurent Ruquier.酒店上班 Non Stop People vous en dit plus.酒店兼差
Mise en avant depuis quelques semaines,酒店兼職 à cause de son affaire avec l'humoriste Guy Bedos,飯局 Nadine Morano a une nouvelle fois créé le buzz à cause d'un discours qualifié d’“indécent” par Yann Moix dans “On n'est pas couché”.招待所 En effet, alors que la députée ,台北酒店 elle s'est aussi laissée aller à donner son avis sur la laïcité.酒店應徵 Celle qui désire être 禮服店 : “Je n'ai pas envie que la France devienne musulmane, car dans ce cas, ce ne serait plus la France”.酒店
Nadine Morano, qui a été défendue par Gilbert Collard, a continué dans sa lancée en comparant la France à un pays de race blanche 高雄酒店 : “Nous sommes un pays Judéo-Chrétien de race blanche. La France un pays de race blanche, c'est sa grandeur d'accueillir des personnes qui viennent d'Afrique et d'autres continents”.會館 Laurent Ruquier et ses .傳播
“Je ne savais pas que le mot race était interdit d’usage”
Mais ce lundi 28 septembre, Nadine Morano a décidé une nouvelle fois de confirmer sa pensée en publiant une tribune sur Facebook.便服店 L'ancienne mi sujet : “François Fillon, 酒店時間, je n’entends pas le même tollé… Ni quand Christiane Taubira a déclaré (…)Plus de sept ans après avoir décroché la couronne de Miss France,酒店薪水 Ce dimanche 27 septembre 2015, 酒店內容se déroulait l'élection de Miss Picardie 2015 (à Beauvais), à l'approche de l'élection de Miss France 2016.커피 Comm

 

Enviar um comentário

<< Home