Crónica dunha morte anunciada
Fonte: www.lavozdegalicia.es
O derbi de onte amosou o que os meus temores xa prognosticaban: a derrota do Deportivo. O equipo branquiazul, sen ideas e falto de remate, viu como se lle esfumaba a súa case derradeira oportunidade para conseguir un posto para a competición europea da UEFA. O Celta, cun fútbol en moitas ocasións rácano e conformista, deu un paso de xigante para a súa consolidación nos postos europeos. Once anos sen coñecer a vitoria en Riazor. Maior pegada e menor necesidade amosou o cadro de Fernando Vázquez. Agora, agardemos que non sexa demasiado tarde e que os dous equipos do País consigan un posto en Europa.