domingo, dezembro 28, 2008

Galiza continúa invicta


Fonte: lavozdegalicia.es

A selección galega de fútbol masculina continúa invicta despois de derrotar nun partido disputado no estadio de Riazor ao combinado de Irán polo resultado de 3 goles a 2. Destacadísima foi a actuación do xogador do Glasgow Rangers, Nacho Novo, que materializou 2 dos tres tantos da selección irmandiña. 
O partido foi seguido por uns 15.000 espectadores que animaron en todo momento á nosa selección.
O encontro de hoxe amosou, unha vez máis, o alto nivel dos xogadores galegos. Agardemos que esta selección continúe en anos vindeiros a súa existencia.

Etiquetas: , ,

quarta-feira, dezembro 24, 2008

Boas festas

Desde este pequeno recuncho, Boas festas a todos os homes de ben.

segunda-feira, dezembro 15, 2008

Feijoo quere impulsar o bipartidismo


Asisto estupefacto no programa Hai Debate da galega á entrevista –claramente pactada– que lle realizan a Alberto Núñez Feijoo. Alén de que o tema da lingua non foi para nada tocado, Alberto Nuñez Feijoo lanza a idea de que é necesario un debate a dous: isto é, un debate entre el –segundo as súas palabras o partido que vai gañar as eleccións– e Touriño –o único que pode Gobernar–. Esquécese o sr. Feijoo que Touriño pode ser Presidente só se o grupo parlamentar do BNG chega a un acordo programático co PSOE. E este argumento creo que é suficientemente de peso como para desbotar o debate a dous. É máis, o sr. Feijoo fixo, segundo o meu parecer, uns vaticinios que ben puidesen mudar de aquí a marzo. Ben fose posíbel que se producise o famoso sorpasso tantas veces intentado polo PC sobre o PSOE.
Creo que a formulación de Feijoo pretende converter Galiza nun país bipartito, perdendo dese xeito a riqueza parlamentar que neste momento gozamos.

Etiquetas: , , ,