Xa é oficial
«SÓ SEI QUE SON UN SER VIVO, O RESTO É TOTALMENTE NEGOCIÁBEL» Stephen Franklyn dixit.
Lendo o post da miña querida amiga Blogueira Maria, fíxome pensar sobre a vida. Temos ou non un destino predeterminado? Unha misión nesta vida? Por que os inocentes e os bos son os primeiros en nos deixar? Como nos debemos enfrontar ante tanto caos e maldade?
Recentemente publiquei o segundo número do xornal Betanzos e a súa comarca. Na primeira cometín un erro imperdonábel. Puxen «un» por «unha». Unha pena. Unha vergoña. Unha desolación. Non sei que dicir. Son un fracaso. Espero non repetilo para a próxima.
A estas horas está na imprenta da Voz de Galicia o meu segundo xornal de Betanzos e a súa comarca. Teño que dicir que foi un parto longo. Levoume 15 días ininterrompidos. A información chegaba á miña oficina a contagotas. Non tiña suficientes fotos e as que encargaba nalgúns casos non mas facían e tiña que facelas. Trinta e dúas páxinas, ben realmente algunha menos, xa que ao sermos un xornal gratuíto o noso financiamento é pola publicidade. Foi duro. Moitas horas de oficina maquetando o xornal. Moitas horas agardando a que chegasen noticia. Moitas horas revisando o correo. Moitas horas.