Múdome de lugar
Despois de tres anos en blogger, múdome a blogaliza. Alí continuarei achegando todo o que se pase pola cabeza. A miña nova dirección é albixoi1314.blogaliza.org.
Agardo vervos por alí.
«SÓ SEI QUE SON UN SER VIVO, O RESTO É TOTALMENTE NEGOCIÁBEL» Stephen Franklyn dixit.
Despois de tres anos en blogger, múdome a blogaliza. Alí continuarei achegando todo o que se pase pola cabeza. A miña nova dirección é albixoi1314.blogaliza.org.
Etiquetas: Debate
Unha moi boa reflexión, a xeito de monólogo, sobre a actual situación do galego e castelán.
O exército israelita vén de pór en práctica unha tregua e posterior retirada do territorio de Gaza. Quizais sexa unha chiscadela á toma de posesión de Obama. Aínda que houbo refregas entre as dúas partes, esta noite pasada cesaran os brutais bombardeos sobre a cidade. Agardemos que esta tregua sirva para pór fin a esta operación sen sentido.
Dous nenos foron as vítimas do bombardeo do exército israelita sobre unha escola da ONU. Esta nova acción de barbarie volve demostrar, unha vez máis, que os movementos do exército hebreo, alén de descabezar o movemento Hamas, tamén vai contra a poboación civil, incumprindo deste xeito todas as normativas da Convención de Xenebra. Cómpre que a manifestación de mañá en Santiago faga o que os nosos dirixentes políticos non se atreven a facer: Condenar este acto de masacre levado polo exército xudeu.
Son xa mil trescentos os mortos no acto de xenocidio en Gaza. Mentres que dure esta masacre, penso dedicarlle cada día un post sobre esta vergoña que ningunha nación europea aínda tivo valentía de protestar. Pedimos a expulsión do cónsul en España mentres que dure este acto de xenocidio. Unha pequena mostra:
Etiquetas: Gaza
Etiquetas: conflito, Gaza, guerra civil, Israel, reacción
Etiquetas: Castelao, La Vanguardia
Se acaba de provocar a maior crise financeira e os mozos comezan a ler outras cousas, por que hai que refundar un sistema que só pensa no beneficio rápido e sen preocuparse de quen leve por diante. Non será mellor buscar unha alternativa?
Etiquetas: capitalismo, Marx, sistema
Etiquetas: crise, economía, socializar
Etiquetas: Deportivo
Esta semana grazas á Semana do Libro da Coruña fun un pouco máis feliz. Por unha parte, gocei duns marabillosos actos de presentación de varios libros. Fentina Lente, Incertos, Atracción Total ou Toponimia de Galicia foron unhas das presentacións ás que asistín. Pero estes actos, á vez que interesentantes e culturais, tamén me serviron para coñecer xente. Agardemos que a edición do ano que vén depare tamén novas sorpresas.
Etiquetas: Feira Libros Coruña
Mentres revisaba algúns blogs, vin que varios blogueiros se queixaban de que non coñecían os actos da Feria do Libro. Para subsanar este erro da organización, permítome escanear o programa para quen lle interesar.
Etiquetas: Feira Libros Coruña, Programa
Etiquetas: anciá, Manolo Rivas, morte
Hoxe, 10 de xullo, acabo de estrear o meu imac de 24 polgadas. Realmente é unha marabillosa máquina que, polo de agora, é un completo enigma para min. O sistema mac aínda é todo un descoñecido para este pobre usuario de Windows. Agardo que para o futuro esta bela máquina e máis eu teñamos unha fermosa relación.
Etiquetas: A cidade e os días
O enigma albixoi está de parabéns. Dez mil visitas desde o seu comezo. Moitos post e outros moitos comentarios. Grazas a todos os que por aquí pasaron. Agardo que a lectura dalgún post axudase a reflexionar ou a gozar un pouco máis da vida.
Etiquetas: 10.000
A historia do ser humano componse de momentos de transición. Momentos que o fan estar arriba, momentos que o levan inexorabelmente cara a abaixo. Un continuo tic-tac que modifica cada vida. Nun momento estamos ledos, ao seguinte tristes. É a ironía da vida humana. O non saber que nos vai deparar o futuro. Felicidade e tristura, nun contrapunto perfecto. Simplemente a vida.
Etiquetas: Momentos
Vía microsiervos, coñezo esta nova aplicación de Google que nos permite aprofundar máis no coñecemento do Universo.
Etiquetas: Google sky, Microsiervo, Universo
Foi o primeiro debate entre os tres máximos representantes da política galega. Foi tamén o primeiro esforzo de poñer a Galiza no debate das próximas eleccións ao parlamento español do 9 de marzo. Tres posturas, tres visións, pero quizais, só dúas maneiras de entender Galiza: unha orgullosa que se quere desenvolver por ela mesma, outra que se ve dependente de Madrid. Para min, Quintana por moito que trataron de agochar os medios de comunicación foi o verdadeiro gañador do envite. Agora somos nós os que temos que nos expresar o 9 de marzo e confiar nas nosas posibilidades.
Etiquetas: Aniversario.
Hoxe conmemoramos (se esta data se pode celebrar) o 5 aniversario da desgraza do Prestige. Daquel desastre algunhas cousas mudaron para mellor: produciuse un cambio no goberno galego, o pobo galego tomou conciencia da súa existencia e revelouse contra o polifemo de chapapote, e fixeron parecer a Galiza no escenario mundial. Desde aquela, este recuncho do planeta xa era coñecido. Unha marea de indignación e de rebeldía (Nunca Máis) asolagou o planeta Terra. Pero non todo foi positivo. Meses despois, os que produciran este desastre volveron ser votados nas eleccións. Nas lexislativas do país galego quedaron a un só escano de revalidar a maioría. O tempo, que en moitas causas axuda a sandar a feridas, produciu un efecto narcótico nalgunha poboación. Foi como se o Prestige nunca tivera sucedido. Como se os que o produciran actuaran da mellor forma posible. Esta narcolepsia foi hoxe moi constatable nos medios de comunicación estatais. Nin un telexornal fixo referencia a esta data. Galiza unha vez máis voltaba ser un protagonista de segunda fila. Iso si, como sempre, até o próximo Prestige.
Etiquetas: Nunca Máis., Prestige
Despois das declaracións de Mariano Rajoy sobre o 11 M, temos que pensar se imos permitir que este partido de ultras (léase PP) é merecente de gobernar España. Eu, sinceramente, creo que NON. Menten, menten e volven mentir co único obxectivo de gañar o poder. NON MÁIS MENTIRAS!
O pasado sábado, día 20 de outubro, deixounos. Un traizoeiro infarto privounos do que, para min, era o mellor xornalista da radio. Recoñézome fiel seguidor do seu programa, LA ROSA DE LOS VIENTOS. Desde o sábado, temos un motivo menos para sermos felices.
Etiquetas: Juan Antonio Cebrián, pasamento, Rosa de los Vientos
Era un 25 de setembro coma hoxe. Todo semellaba normal, mesmo amencera mellor ca hoxe. Non chovía. Pero foi algo distinto. A miña avoa pasaba a súas derradeiras horas neste mundo. Primeiro un coma e despois simplemente o seu corazón deixou de latexar. Noventa e catro anos de existencia desaparecían e con ela moita da miña historia. Por iso, avoa, IN MEMORIAM: NUNCA TE ESQUECEREI.
Hoxe á tarde faleceu, despois dunha parada cardiorrespiratoria no partido Sevilla-Xetafe, Antonio Puerta. Era un profesional do fútbol e nos próximos días ía ser pai. Lonxe do histrionismo dos cracks mediáticos, este xogador representaba o fútbol en estado puro.
Etiquetas: Antonio Puerta, fútbol
Levo matinando moito tempo sobre esta cuestión. O meu traballo de repartidor confíreme moi abondosamente tempo para reflexionar sobre este tipo de cousas. Inquírome sobre se a existencia de dous idiomas no noso país, alén de poder ser considerado como unha riqueza, non fai que divida a nosa sociedade e faga que medre nela un sentimento de esquizofrenia colectiva que nos leva a denigrar o que é noso. Con este tipo de comportamentos teño que lidiar todos os días. Teño que recoñecer que a empresa na que traballo o afecto cara a lingua que nos é propia non é demasiado boa. Teoría que eu supoña xa ultrapasadas aínda andan na mente dos meus compañeiros. Teño que recoñecer que, quizais a miña formación académica me faga ver a realidade doutra maneira. Pensamentos e condutas que a calquera filólogo lle semellarían aberrantes están aínda moi presentes. Estamos no 2007, pero semella que non pasamos aínda do 39. Moito teremos que mellorar se queremos deixarlle algo a todos os que nos han de seguir. Sermos un pobo diferenciado depende diso.